Movistar Fusión incrementa en 1 GB os datos móbiles dos seus clientes actuais
luns, 21 de decembro do 2015

- A tarifa Fusión Contigo pasa de contar 1 a 2 GB de datos en 4G
Os usuarios de Movistar
Fusión recibiron por sorpresa a partires do pasado venres unha mellora da
súa tarifa converxente, consistente no incremento do volume de datos incluÃdo
na súa tarifa móbil, que veuse
incrementado en 1 GB sen custo adicional e sen ter que realizar ningún
trámite para a súa aplicación, o que resulta bastante rechamante polo feito de
que estas tarifas continúan sen cambios para novos clientes, polo que non queda
claro de se estamos ante unha promoción de Nadal ou se é unha práctica para
fidelizar aos usuarios actuais.
Por exemplo, os usuarios de Fusión Contigo 300 Mb, que tiñan 1 GB de datos 4G
na súa tarifa poden gozar no novo ciclo de facturación de 2 GB de datos no
móbil, mentres que os usuarios das tarifas Fusión+ con 2 GB de datos pasan a contar
con 3 GB, sen ter que contratar un bono
Extra Datos de 1 GB que estarÃa
valorado en 10 euros/mes (polo que hai usuarios que consideran que este cambio
compensarÃa a suba de prezos experimentada hai uns meses, facendo as tarifas de
Movistar Fusión máis competitivas).
Pese a que estes cambios non foron publicitados por Movistar, os clientes
actuais poden consultar en Mi Movistar
o cambio das condicións da súa tarifa, tanto na descrición do seu contrato como
ao comprobar o volume de datos dispoñible para o que resta de perÃodo de
contratación.
