Máis medidas para protexer a información dos internautas
luns, 21 de novembro do 2011
Semella que os dereitos dos internautas están
un pouco máis garantidos dende a semana pasada, cando se aprobou dende o Tribunal
Constitucional, a través da primeira sentencia que dita sobre o dereito á
intimidade ligado ás TIC, que a información que acolle un computador intégrase
en todo aquilo relacionado co eido persoal que debe ser “constitucionalmente protexido”. Segundo se informa dende
Europa Press, ao abeiro da dita metida, tamén se traballaría por
salvagardar os datos achegados nas redes sociais, a descarga de arquivos en
Internet e máis as actividades comerciais a través de comercio electrónico. A
información sobre estas medidas emitiuse o pasado venres dende a Sala Segunda do
Tribunal.
Na sentencia en cuestión, por outra banda, dase
cabida a medidas contrarias á protección en casos concretos de usuarios con
certos antecedentes criminais con relación directa ao uso das novas tecnoloxías,
como por exemplo os casos de persoas condenadas por posesión de material pedófilo
no seu computador. Neste caso négase o amparo requirido, debido á gravidade do
delito investigado e ao feito de que este prevaleza sobre o feito de que avalíe
o equipo informático sen orde previa.
