MOTO analiza a resposta táctil de varias pantallas de móbiles

luns, 11 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Ata o momento, ao analizar as pantallas dos móbiles fixámonos na súa resolución, na súa luminosidade ou no seu contraste, mentres que para ponderar o seu potencial táctil só mirábamos se eran resistivas ou capacitivas, pero dende o MOTO Development Group foron máis aló e analizaron o desenvolvemento táctil de varias pantallas capacitivas, de xeito que agora sabemos un pouco máis sobre a resposta táctil do iPhone 3GS, o HTC Droid Eris, o Motorola Droid e o Nexus One.
Non é ningunha sorpresa que o iPhone 3GS sexa o terminal vencedor nesta comparativa, aínda que tamén destacouse que o móbil de Apple presenta pouca sensibilidade preto dos bordes da súa pantalla. O peor sería o Motorola Droid. En todos os terminais tamén queda constancia de que as pantallas capacitivas teñen certas limitacións (non esquezamos que os dedos son bastante máis grandes que unha stylus) e incluso teñen distinto comportamento segundo a presión aplicada.


Explicación da comparativa efectuada entre as distintas pantallas de móbiles



Cada pantalla presenta unha responsta diferente