Instagram mellora a súa versión web
mércores, 23 de marzo do 2016
Unha
das plataformas sociais que máis forza colleu nos últimos meses, Instagram,
está a incorporar novidades moi interesantes, como o abandono da orde
cronolóxica (empregando algoritmos para dar prioridade aos contidos que son do
gusto do usuario, o que poderÃa
ter un grande impacto na presenza das marcas como xa aconteceu no seu dÃa
en Facebook) e a mellora da súa versión web, que ata o momento limitábase a
pouco máis que facilitar o acceso aos contidos publicados no móbil dende o
ordenador, e que agora abre
tamén o acceso á pestana de actividade, de xeito que dende a web podemos
ver facilmente se alguén nos segue, nos etiqueta, comenta ou marca que lle
gustan os nosos contidos, facendo que, agás para publicar imaxes e vÃdeos,
podamos prescindir do uso do móbil para moitas interaccións.
Dá a impresión de que con esta medida Instagram quere ampliar a súa presenza,
reforzando asà a súa posición actual de liderado á hora de compartir fotografÃas
a través da Internet, e favorecendo a interacción dos seus usuarios cando están
a acceder á Rede dende un ordenador.
