Instagram estrea adhesivo para unirse a conversas grupais
martes, 2 de xullo do 2019
Instagram continúa a incorporar novidades nas súas historias
a través dos adhesivos, e o último destes
stickers é o de Chat que consiste nun atallo para unirse a unha
conversa grupal a través dunha historia. As historias sempre estiveron abertas
á conversa co seu creador, pero desta volta as conversas non serán privadas
entre dúas persoas, senón entre un grupo de usuarios, o que pode resultar moi
axeitado para a organización de eventos e iniciar conversas sobre temas
puntuais.
Os creador da historia que inclúe o adhesivo de Chat pode aprobar e rexeitar
ás solicitudes de incorporación á conversa en cuestión. Que por ver asà se esta
nova funcionalidade vai empregarse máis en cÃrculos cerrados para realizar
plans entre amigos ou, en cambio, vai ser unha ferramenta moi empregada por influencers
para manter conversas en momentos puntuais sobre asuntos moi concretos e chamar
á participación dos seus seareiros.
