INEO organiza o día 18 unha xornada de traballo na procura dunha maior internacionalización das nosas empresas
martes, 11 de decembro do 2012
A biblioteca do Museo Pedagóxico de
Galicia (MUPEGA), emprazado en Santiago, vai acoller o vindeiro día
18 unha nova xornada da asociación INEO, desta volta centrada en O
financiamento no comercio exterior. O obxectivo é buscar
metodoloxías innovadoras para reactivar un proceso que, coa crise
produtiva, chegou a un certo estancamento: o proceso de
internacionalización das firmas do sector TIC en busca de maior
competitividade e novos mercados. Porén, sinálase dende a
asociación INEO, a internacionalización “é hoxe en
día, para moitas empresas, un modo de sortear a crise ou,
polo menos, de aturala de mellor modo”.
Entre outras cousas, na xornada do
vindeiro día 18 tratarase de responder ás seguintes preguntas: Como
nos financiamos no actual contexto económico? Con que dificultades
podemos atoparnos á hora de internacionalizarnos? Como podemos
abordar con garantías esas dificultades?
A asistencia ao evento é aberta,
gratuíta para os socios de INEO e clientes de CESCE, e ten un custo
de 40 euros + IVE para o non asociados.
A inscrición debe formalizarse
enviando un correo a administracion@ineo.org ou chamando ao 986 112
570.
