HarperCollins empregará códigos QR nos seus libros

xoves, 11 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Aínda que en Galicia xa coñecemos ben a iniciativa empresarial de Netbiblo, na súa aposta por incorporar códigos QR aos seus libros coma un complemento virtual á súa información, o grupo editorial HarperCollins tamén quere facer uso desa tecnoloxía, e está a probar a usala nas cubertas traseiras dos seus libros, de xeito que os usuarios que queiran coñecer detalles sobre a obra antes de adquirila só teñen que tirar unha fotografía co seu móbil ao código de barras bidimensional incorporado para verse remitidos a unha páxina especial no que ampliar a información, o que na actualidade xa están a facer co libro L.A. Candy de Lauren Conrad.
Existen múltiples aplicacións para recoñecer os código QR automaticamente, e o seu potencial entre a xente moza é prometedor; e dende HarperCollins tamén seguirán os pasos de Netbiblo utilizando os códigos bidimensionais para enlazar contido exclusivo relacionado coas obras.