HBO España sube 1 euro a súa subscrición mensual

luns, 21 de outubro do 2019 Redacción

Este ano puidemos ver como Netflix subía o prezo da meirande parte das súas tarifas (mantendo inmutable a de 7,99 euros/mes para unha única conexión simultánea en definición estándar), e este cambio de escenario animou a HBO a facer un movemento semellante, e os subscritores actuais están a recibir unha notificación informando de que a partires do 21 de novembro a cota mensual do servizo será de 8,99 euros, prezo que xa teñen que asumir os que se dean de alta a partires de hoxe.
Este cambio tamén afecta aos días de proba do servizo, que pasan de 1 mes a 14 días, deixando claro que HBO España quere mitigar certas prácticas fraudulentas para conseguir acceso de balde ao seu servizo de vídeo que ousaría a subir o seu prezo ante o reforzamento do seu catálogo que, pese a perder a serie Game of Thrones como grande reclamo, está a incorporar series como Watchmen, Batwoman, El Padrino de Harlem e Stumptown, aínda continúa a ter unha aplicación moi deficiente e ausente en plataformas moi importantes Xbox One ou Fire TV.
Haberá que agardar para ver se a suba de prezo en 1 euro ten un impacto negativo nas contas de HBO España, sorprendendo o mal momento para realizar tal xogada, xa que o 1 de novembro estréase Apple TV+ a un prezo de 4,99 euros/mes, o que pode facer que moitos consumidores revisen os servizos de consumo de vídeo baixo demanda contratados, sendo HBO un dos actores máis febles, que conseguiu establecerse grazas a alianzas con operadores de telecomunicacións, apoio baseado en promocións que non poden sosterse a longo prazo, de aí que os vindeiros meses vaian ser decisivos para o futuro da compañía no noso mercado.

PUBLICIDADE