Guillerme Vázquez estrea blog e incorpórase ás redes sociais

venres, 11 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Rosana Pérez e Ana Pontón presentando o blogue de Guillerme Vázquez á prensa

Esta mañá as secretarias de Comunicación e de Imaxe e Propaganda do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez e Ana Pontón, presentaron os novos espazos virtuais do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que agora conta con presenza oficial en Facebook e en Twitter, así coma un blogue, ferramentas que procuran que sirvan para intercambiar opinións coa sociedade.
Ana Pontón quixo destacar que a bitácora de Vázquez non está feita «dende o personalismo, senón como un xeito de achegarse máis á xente con inquedanzas políticas a través dos posts feitos por el a diario, moitas veces dende o teléfono móbil».
En pouco máis dunha semana Guillerme Vázquez conseguiu sumar preto de 4.000 amigos en Facebook, mentres que no mesmo período apenas xuntou a 45 seguidores en Twitter. Con suma do blogue a esta ecuación temos unha presenza na Rede vestida de oficialidade, aínda que moi lonxe da que acadou o seu predecesor, Anxo Quintana, que antes dos pasados comicios autonómicos contaba mesmo cunha televisión na Internet, converténdose no candidato a presidir á Xunta de Galicia que máis apostou pola Rede.

PUBLICIDADE