Google lanza un servizo de vÃdeo para empresas
martes, 2 de setembro do 2008
|
|
É innegable que
Google está a dominar o sector do vÃdeo na Rede con YouTube, pero agora buscan
achegar este tipo de servizos á empresa, polo que presentan Google
Video for business, unha plataforma
de vÃdeo para o uso no interno nas corporacións, que pretende
achegar un contorno privado e seguro que non dan outras solucións actuais.
Dentro deste servizo os usuarios poden compartir vÃdeos con todo o persoal da
súa empresa ou só cunhas persoas en concreto (podendo incluso aplicarse a autentificación
de usuarios na incrustación de vÃdeos noutras webs), e quen acceda aos clips
tamén poderá puntualos, etiquetalos e comentalos. Temos asà que Google Video é
unha das aplicacións que se suma á oferta corporativa de Google (na que tamén
están Gmail, Google Talk, Google Calendar, Google Docs, Google Sites e Start
Page). Os usuarios de entes educativos terán este servizo accesible a
partir do 8 de setembro.
