Google acorda coa Comisión Europa medidas para non abusar da súa posición dominante
mércores, 5 de febreiro do 2014
A
Comisión Europa vén de acadar unha proposta de acordo
con Google dentro da investigación por abuso de posición dominante por
parte da compañÃa norteamericana nas buscas en liña e na publicidade nas
buscas, aceptando Google garantir que nos seus resultados de busca non dará
prioridade aos seus servizos fronte aos dos seus competidores, práctica que non
se limitará aos servizos de busca actuais, senón tamén aos que desenvolva no
futuro.
Esta nova concesión de Google súmase a outras suxeridas pola Comisión, como que
os provedores de contido poderán pedir quedar fora dos servizos de busca
especializada sen que iso os penalice no buscador xeral; eliminará o requisito
de exclusividade dos seus acordos con editores para subministrar anuncios nas
buscas; e eliminará a restrición de permitir que as campañas publicitarias en
buscas poidan correr en plataformas deste tipo dos seus competidores.
Os compromisos de Google, anunciados hoxe polo comisario de competencia,
JoaquÃn Almunia, estarán supervisados por unha entidade independente no
territorio europeo durante 5 anos. Deste xeito, Google sortearÃa unha sanción
da Comisión Europea por valor do 10% dos ingresos da compañÃa en 2012 (uns
5.000 millóns de dólares).
