Google Instant estrea versión móbil
venres, 5 de novembro do 2010
AÃnda que a tecnoloxÃa
Google Instant que pretende acelerar as nosas buscas na web non estaba
inicialmente presente en teléfonos móbiles para non consumir excesivos
recursos, o feito de que moitos destes terminais conten con bastante potencia
de procesador e velocidades de acceso á Rede máis que aceptables, levou a
Google a activar
a súa posibilidade de uso dende a súa versión web móbil para usuarios de iPhone
e Android en EE.UU. (aÃnda que dende España tamén podemos acceder a tal
funcionalidade se accedemos á versión en inglés de Google).
Deste xeito, cando comezamos a escribir unha busca no buscador de Google,
aparecerán en pantalla suxestións de busca á vez que figuran os seus primeiros
resultados a tales consultas, axilizando a localización de contidos do noso
interese.
Para evitar problemas en momentos puntuais nos que a velocidade de acceso á
Rede sexa deficiente, a portada de Google.com amosa unha ligazón para poder
activar ou desactivar Google Instante cun simple toque.
VÃdeo de presentación de Google Instant para móbiles con Android 2.2 e iOS 4
