FreedomPop ofrecerá en España telefonÃa móbil de balde a partires do verán
mércores, 20 de abril do 2016
Tras o seu paso por EE.UU. e Reino Unido, o operador de telefonÃa móbil FreedomPop
anunciou que está
a preparar o lanzamento do seu servizo de telefonÃa móbil de balde en España,
que durante os vindeiros dÃas iniciarÃa o seu perÃodo de probas para comezar a
funcionar de xeito ordinario no verán. Este servizo ofrecerá chamadas de voz e
datos, destacando por contar con roaming
de balde en 31 paÃses (entre os que están EE.UU., Reino Unido, Alemaña,
Francia, Portugal e Italia).
Cómpre destacar que estamos ante un servizo paseado principalmente en redes de
datos, que parte dun plan de balde, pero que facilita a contratacións de plans
de pagamento (que son os que sosteñen o negocio). Deste xeito FreedomPop pode
presumir de chamadas e mensaxes de texto a través de Wi-Fi dende calquera
lugar, chamadas e mensaxes ilimitadas entre teléfonos da compañÃa, chamadas
internacionais de balde a máis de 60 paÃses, a posibilidade de contar con
número de teléfonos virtuais en distintas partes do mundo e a posibilidade de facerse
con datos recomendando o servizo a amigos e aceptando ofertas de patrocinadores
do servizo.
En EE.UU. FreedomPop funciona baixo a rede 4G de Sprint, ofrece de balde até
200 minutos de voz (que van a través de redes de datos), 500 mensaxes de texto
e 500 MB de datos, mentres que por 10,99 dólares/mes ofrece voz e mensaxes sen
lÃmite e 500 MB de datos, mentres que os que paguen 19,99 dólares/mes gozarÃan
de 1 GB de datos. Estamos asà ante uns plans que resultarÃan rendibles para uns
perfÃs de usuario moi determinados, pero que no caso español gozarÃan dun
detalle que si farÃa que a oferta de balde da compañÃa fose especialmente
atractiva, xa que o tráfico de datos a través da aplicación de WhatsApp (tanto
mensaxes como chamadas) serÃan de balde, ou sexa, non computarÃan dentro do
lÃmite de datos mensual de FreedomPop, o que para moitos usuarios farÃa que
este operador fose virtualmente de balde.
Steven Sesar, co fundador de FreedomPop, asegura que o seu servizo de balde no
Reino Unido está a ter unha aceptación moi boa (con máis de 100.000 usuarios en
menos de 12 meses) e confÃan en que en España a situación sexa moito mellor, de
xeito que o seu obxectivo é conseguir entre 500.000 e un millón de usuarios en
dous anos.
O servizo de FreedomPop está baseado no uso das súas tarxetas SIM (para ter
datos móbiles) en combinación coa súa aplicación oficial para iOS e Android,
aÃnda que dende a compañÃa destacan que o servizo tamén é compatible con
tabletas (o que pode ser un incentivo para empregar esta solución de
comunicación que permitirÃa levar o noso número móbil alà onde teñamos acceso á
Internet dende un trebello con iOS ou Android).