Firefox bloquea o uso de Flash ata que solucione graves fallos de seguridade
martes, 14 de xullo do 2015
A
tecnoloxÃa Flash foi xa totalmente desbotada dos dispositivos móbiles actuais,
demostrando que a web non só pode operar tranquilamente sen ela, senón que
incluso é recomendable a súa ausencia por motivos de seguridade (moitos dos
equipos infectados por malware teñen
ao Flash como punto de entrada das súas infeccións, o que levou estes dÃas ao
xefe de seguridade de Facebook a pedir
publicamente que Adobe mate ao Flash
e que incluso na última actualización do navegador Firefox se bloquee o uso
de Flash en todas as súas versións.
Isto último é asà dado que nos últimos dÃas xurdiu un importante fallo de
seguridade de Flash que afectarÃa a todas as versións actuais, e cómpre detallar
que Firefox
deixará de bloquear o uso de Flash cando lancen unha actualización que corrixa
as vulnerabilidades coñecidas, pero claramente déixase en evidencia esta
tecnoloxÃa e incluso deberÃa facer repensar a moitos usuarios se deben
desactivala definitivamente nos seus equipos por unha simple cuestión de
seguridade.
Actualmente o HTML5 fai que o Flash sexa totalmente prescindible, e fuxir de
engadidos do navegador supón unha mellora substancial na seguridade tanto en
equipos informáticos como na Internet en xeral, xa que plugins coma o de Flash ou incluso o de lectura de PDF son
importantes fontes de infección de malware
que entre outras cousas fan posible a proliferación de ordenadores zombi que se
empregan para lanzar correo lixo e numerosos ataques informáticos.
