Fancast ofrece unha visión multimedia das bases de datos cinematográficas

luns, 13 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Comcast quere facer fronte ó iMDb, a principal base de datos sobre o mundo do cine na Rede, e estrea Fancast, que cun funcionamento sinxelo permite achegar datos sobre actores, directores, películas e series de televisión, que nun principio se limita a fichas descritivas, imaxes e vídeos promocionais, aínda que teñen pensado incorporar películas e episodios completos de series nun prazo aínda por determinar.
Hai que recoñecer que este novo servizo é moito menos completo que o seu competidor principal, pero destaca por ser máis visual e multimedia, o que podería marcar a diferenza e achegar a usuarios menos esixentes.