Educación recibiu arredor de 20 ofertas para os concursos de equipamento para o Proxecto ABALAR
mércores, 27 de abril do 2011
A ConsellerÃa de
Educación e Ordenación Universitaria vén de recibir arredor
de 20 ofertas presentadas por empresas para participar nos concursos de
equipamento do Proxecto ABALAR para o vindeiro curso 2011/2012.
O vindeiro curso
académico máis de 31.500 alumnas e alumnos galegos beneficiaranse da estratexia
de integración das novas TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC) no
sistema educativo impulsada pola Xunta de Galicia, que duplicará o número de
aulas, ao incorporar novos centros e estender a súa área de actuación a 6º de
primaria e 2º da ESO nos centros que este ano participaron con 5º de Primaria e
1º da ESO.
Nestes dÃas a
ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria está a recibir as propostas
de diferentes empresas para a subministración dos netbooks para o alumnado, os portátiles para o posto do profesor,
os armarios de carga, e a rede Wi-Fi.
Unha vez finalizados os
prazos de recepción das ofertas en cada un dos procedementos, a ConsellerÃa de
Educación comezará o proceso de valoración das mesmas, de acordo co estipulado
na Lei de Contratos do Sector Público (LCPS), baixo o criterio de total
transparencia.
Grazas a esta nova
dotación, o Proxecto Abalar continúa a medrar en Galicia, ofrecéndolle ao
alumnado a oportunidade de se formar no uso das TIC, e no seu aproveitamento
como recurso didáctico.
