Disney+ anuncia novas tarifas en España
xoves, 10 de agosto do 2023
O servizo de vÃdeo
baixo demanda Disney+ está a imitar a Netflix en todo o peor, e ao igual que
comentan que van establecer un mecanismo para evitar compartir contas de
usuario, veñen de renovar as súas tarifas en España de xeito que os subscritores
teñen que elixir entre pagar máis ou perder prestacións.
Os
novos plans de Disney+ entrarán en vigor o vindeiro 1 de novembro, e o plan
actual, que ofrece vÃdeo en calidade até 4K e até 4 pantallas simultáneas que
custa 8,99 euros/mes ou 89,90 euros/ano transfórmase no plan Premium a un prezo
de 11,99 euros/mes ou 119,90 euros/ano.
Polo prezo actual pasará a estar dispoñible un novo plan Estándar, que reduce a
calidade máxima de vÃdeo a Full HD e o número de pantallas simultáneas limÃtase
a 2, condicións que comparte co tamén novo plan Estándar con anuncios, que
poderá contratarse por 5,99 euros/mes.
Este cambio de tarifas aplicarase a Reino Unido, Francia, Alemaña, SuÃza,
Italia, Noruega, Suecia, Dinamarca e España, e os subscritores actuais pasarán
ao plan Premium se non indican o contrario, tendo que afrontar o novo prezo a
partir do seu primeiro ciclo de facturación despois do 6 de decembro.
Cómpre lembrar que Disney+ chegou a España en 2020 a un prezo promocional de 59,99 euros/ano, que en 2021 subiu a 69,99 euros/ano, para pasar en 2022 a 89,99 euros/ano, de aà que o paso a 119,90 euros/ano poida percibirse por moitos consumidores como todo un abuso, por dobrar o prezo en só 4 anos.
Este modelo de oferta de servizos de streaming está a normalizarse, dando a
impresión de que todas as grandes plataformas adoptarán un esquema de tarifas
semellante a longo prazo, combinando asà ingresos por subscrición e por
publicidade, na liña de como facÃan tradicionalmente as canles de televisión de
pagamento, para desgraza dos consumidores, que percibÃan o streaming como un
xeito de librarse dos molestos anuncios.
- Táboa cos novos prezos de Disney+ para España