Deteñen aos responsables do ataque á web da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria
mércores, 14 de xullo do 2010

- Imaxe que podÃa verse durante poucos minutos na páxina web da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria
A Garda Civil na operación PIRULIN levada a cabo en Valencia, A Coruña,
Madrid e León, procedeu
á detención de tres persoas (dous deles menores de idade) e a imputación
doutro menor, por delitos de danos en sistemas informáticos e descubrimento e
revelación de segredos. O grupo desmantelado, que respondÃa ao nome de K0 Team, fora creado en xuño por catro
mozos autodidactas que respondÃan aos alcumes de xassiz, kr0no, Ca0s e K41S3R, que se coñeceran en foros de temática hacker e que accederan a múltiples servidores de páxinas
web modificándoas. Entre as webs afectadas estiveron a do Partido Popular, o
Partido Socialista de Madrid, o Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, o
programa de televisión Sálvame de
Telecinco e a
ConsellerÃa de EconomÃa e Industria da Xunta de Galicia, aÃnda que segundo
as autoridades os únicos que denunciaron os ataques
foron o Partido Popular e os administradores da web de Sálvame.
O K0 Team terÃa modificado unhas 29
páxinas web en só 15 dÃas, demostrando asà os seus coñecementos sobre o
aproveitamento de fallos de seguridade de servidores web e procurando borrar
logo as súas pegadas para evitar ser localizados, aÃnda que as actuacións
contra este grupo aceleráronse ante o roubo dunha base de datos con máis de
120.000 usuarios da páxina web de Telecinco, que foi intervida a un dos detidos
nesta operación.
