Desenvolven un sistema perfecto de xogar ás damas

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Imaxe do Chinook

Un grupo de informáticos da Universidade de Alberta (EE.UU.) desenvolveu o xogo de damas perfecto, unha versión en Java que permite simular partidas ó popular xogo de taboleiro e, valéndose da intelixencia artificial e o estudo das pertinentes árbores de xogo, acadar un sistema invencible ó que bautizaron coma Chinook.
O sistema baseouse no estudo de partidas de damas xogadas por humanos, creando unha base de datos de movementos axeitados que permite axudar a gañar as partidas, aínda que contra un bo opoñente o xogo sempre remataría en táboas, de xeito que poderiamos chegar á mesma conclusión que a super-computadora WOPR da película Xogos de Guerra con respecto do xogo do tres en raia (ou dunha potencial guerra nuclear), ou sexa, que “o único xeito de gañar e non xogar”.