Comprometen a seguridade de CCleaner
luns, 18 de setembro do 2017
Para manter
un sistema informático protexido o máis importante é manter unha polÃtica de
seguridade rigorosa, sen instalar nos nosos equipos software de fontes que non
sexan de fiar, pero cando as ameazas chegan precisamente das empresas que teñen
que velar pola nosa seguridade resulta especialmente preocupante, e como exemplo
diso temos que os responsables de CCleaner, Piriform, veñen
de anunciar que tanto a versión 5.33.6162 de CCleaner, como a versión 1.07.3191
de CCleaner Cloud estaban comprometidas, de xeito que 2,27 millóns de persoas
poderÃan verse afectadas por un malware
que afectarÃa unicamente á versión de 32 bits da aplicación, de xeito que quen
as teña instaladas deberÃa actualizar rapidamente á última versión para evitar
problemas.
As versións afectadas só as emprega o 3% dos usuarios de CCleaner, provocando
que certa información pouco sensible (enderezo IP, listaxe de software
instalado, listaxe de software activo e listaxe de adaptadores de rede) se
transmitise a un equipo informático nos EE.UU., polo que a ameaza serÃa
bastante limitada, pero o feito de que isto aconteza cunha aplicación dunha
empresa propiedade de Avast (especializada en software de seguridade
informática) fai dubidar da fiabilidade da compañÃa en xeral, podendo causar
grandes problemas para a reputación da empresa.
