Chega a Celanova o festival itinerante de curtas FIC 2020
venres, 23 de marzo do 2012

- Cartel do FIC 2020 con motivo da anterior escala do certame, en Gondomar
Hoxe e ata o vindeiro venres, celébrase
na Casa dos Poetas de Celanova o
certame FIC 2020, Festival
Internacional e Itinerante de Curtametraxes. O evento internacional, no que
se inclúen un total de 30 curtametraxes de toda España e Sudamérica, estará
distribuÃdo nun total de seis sesións ao longo da fin de semana. O FIC 2020,
organizado pola Asociación Cultura Nortcultura, xorde a comezos deste ano co
obxectivo de promover en diferentes escenarios (de aà a súa natureza móbil) os
novos valores da creación audiovisual fóra dos circuÃtos convencionais.
Todo isto propondo a cultura e a arte como
unha vÃa fundamental de intervención e diálogo social, informan dende a Casa
dos Poetas. O proxecto, nado en Galicia é segundo se nos conta dende Celanova o
primeiro Festival Itinerante de Curtametraxes que se realiza na nosa
Comunidade. Os organizadores buscarán completar o obxectivo de percorrer, no
ano 2020, a distancia equivalente ao ecuador do planeta terra mediante a
realización dos seus eventos en todo o territorio europeo (40.075,004km). Po iso
o nome do mesmo, FIC 2020.
Asà pois, ao longo do presente ano vaise poder asistir ao festival noutros
puntos da xeografÃa galega como: Cambados, Gondomar, Nigrán, Cedeira, Rianxo, A
Pobra...
O Festival de Curtametraxes dará comezo esta tarde tarde con tres sesións
diferentes ás 19h, 20,30h e ás 22h e outras tres no mesmo horario o sábado 24.
Cada sesión estará composta por 6 ou 7 curtametraxes e terán unha duración
media de 1,10’.
Ao longo destes dÃas poderanse ver tanto curtametraxes de artistas consagrados
e noveles de diferentes xéneros e temáticas que buscarán compracer aos
asistentes baixo un criterio de calidade, orixinalidade e independencia.
Toda a programación pódese consultar no
blog do proxecto e no Facebook e Twitter de Nortcultura. O prezo das
entradas é: 4 € para 1 sesión, 6 € para 2 sesións e 8 € para tres sesións.
Pódense adquirir na recepción antes de cada sesión ou reservar entrando no
Facebook de Nortcultura, onde se poden atopar ofertas e promocións
