Cantanding, o karaoke baseado en YouTube
luns, 26 de abril do 2010
Moitos son os afeccionados
ao karaokes, pero non sempre un ten un ten doado acceder aos recursos que permiten
pór voz ás nosas cancións favoritas, e dende a páxina web Cantanding recollen
unha chea de vÃdeos de YouTube que consisten en
versións de karaoke de multitude de cancións das que vese a letra en
pantalla para poder seguila coma se estivésemos a xogar ao Lips ou ao SingStar, pero
sen ter que contar cunha consola de videoxogos nin ter que instalar ningún
software especial no noso equipo.
En Cantanding amósanse os últimos temas cantados polos usuarios e os máis
populares (asà como unha caixa de busca para localizar os nosos temas favoritos),
e cando accedemos a un tema en concreto tamén achégase unha ligazón ao vÃdeo
musical orixinal, por se queremos repasar a canción escoitándoa en boca do seu
intérprete habitual.
Os vÃdeos localizados por Cantanding tamén poden compartirse en plataformas
de redes sociais coma Twitter, Facebook ou MySpace.
