Brasil estrea o envÃo de cartos e os pagamentos dentro de WhatsApp
luns, 15 de xuño do 2020
WhatsApp
ten integrado sistemas de pagamentos en mercados como o da India, pero agora
inician un novo camiño estreando un
sistema de pagamentos no Brasil, de xeito que os brasileiros poden enviar
cartos de xeito seguro ou realiza compras en comercios locais sen abandonar o
chat.
Dende WhatsApp son conscientes de que os pequenos negocios poden empregar a súa
plataforma para comunicarse cos seus clientes e incluso para presentar o seu
catálogo de produtos, e coa nova solución será posible tamén pagar por produtos,
o que fai máis accesible o comercio electrónico.
Tamén permiten enviar cartos a outros particulares, dun xeito case tan sinxelo
como o envÃo dunha mensaxe. Estes pagamentos están asociados a Facebook Pay, de
xeito que no futuro estarÃan moi integrados na familia de aplicacións de
Facebook.
Para o envÃo de cartos e a realización de pagamentos dende WhatsApp será preciso
que o usuario introduza un PIN de 6 dÃxitos ou que use a súa impresión dixital,
procurando asà evitar as transacción non autorizadas.
AÃnda que non se desvelou a planificación ao respecto, confÃase en que os pagamentos
dentro de WhatsApp cheguen a todo o mundo nos vindeiros meses.
