A Fox incluirá nos seus DVD copias das súas películas para iTunes

mércores, 16 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Blue Harvest é o primeiro DVD en incorporar iTunes Digital Copy

A 20th Century Fox chegou a un acordo con Apple a través do que permitirán que os consumidores que se fagan cun DVD orixinal poderán acceder a unha copia dixital da película mercada para a súa visualización no ordenador ou nun reprodutor multimedia compatible con iTunes.
A funcionalidade iTunes Digital Copy estréase esta semana coa edición especial do DVD da serie Padre de Famlia no que fan unha parodia de Star Wars. Así, os que adquiran Family Guy Presents: Blue Harvest, poderán incorporar a película á súa biblioteca en iTunes para velas no seu PC ou Mac ou transferila a un iPod con soporte de vídeo, un iPhone ou mesmo a un dispositivo Apple TV.
Agárdase que durante 2008 moitos títulos en DVD incorporen esta nova posibilidade, que lembra á posibilidade de achegar copias de películas en Blu-ray á PSP anunciada por Sony durante o CES de Las Vegas.

PUBLICIDADE