Vodafone adapta a súa oferta ante a suba de prezo de Disney+
martes, 3 de outubro do 2023
Durante o mes de
agosto Disney+
anunciou as súas novas tarifas, de xeito que o seu plan ordinario, con
vÃdeo 4K e até 4 pantallas, converterase nun plan Premium que en vez de 8,99
euros/mes custará 11,99 euros/mes, mentres que polo prezo actual o usuario
poderÃa gozar só de vÃdeo Full HD e até 2 pantallas simultáneas, existindo tamén
a posibilidade de pagar 5,99 euros/mes para contratar o plan estándar con
anuncios.
Quedaba por saber o que acontecerÃa cos subscritores que teñen Disney+ dentro dun
paquete combinado no seu operador, como é o caso de moitos clientes de Vodafone,
e dende o operador veñen de clarexar o asunto, e a partir do 1 de novembro os usuarios
que estaban subscritos a Disney+ a través do seu contrato con Vodafone pasarán
a ter o plan estándar, ou sexa, até 2 pantallas simultáneas en Full HD, ofrecendo a
posibilidade de pasar ao plan Premium incrementando en 3 euros a súa cota
mensual.
Con esta operación Vodafone evita subir o prezos dos seus contratos que inclúen
subscricións de servizos como Prime Video, HBO Max e Disney+, aÃnda que degrada
a subscrición de Disney+ agás que se indique o contrario.