Vocento presenta Kiosko y más, unha nova plataforma dixital de distribución de publicacións

mércores, 22 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Vocento presentou onte Kiosko y más, unha plataforma de pagamento de distribución dixital de xornais e revistas que pretende estrearse a primeiros de xullo incluíndo unha nutrida oferta de publicacións que parecen querer facer fronte a Orbyt, o quiosco electrónico de Unidad Editorial (que actualmente distribúe El Mundo, La Razón, Marca, Expansión, El Periódico, Sport, PC World, Elle, Interviú, Golf Digest, Tech Style, Car and Driver e outras).
Kiosko y más permitirá atopar xornais a 0,79 euros/exemplar e subscricións a 9,99 euros/mes (Orbyt cobra 14,99 euros/mes polas subscricións mensuais) que nalgún caso permitirá a agrupación de cabeceiras (de xeito que sería posible subscribirse, por exemplo, a ABC e El País polo prezo dunha única subscrición), sendo cadanseu editor o responsable do desenvolvemento do seu modelo de negocio (definindo prezos e formatos, o que facilita esta alianza liderada por Vocento, e que incluso está aberta a publicacións que xa están presentes en Orbyt).
Este as publicacións que estarán presentes en Kiosko y más figuran La Voz de Galicia, Público, El País, ABC, As, Mundo Deportivo, Sport, Cinco Días, La Gaceta, Computer Hoy, Personal Computer & Internet, 40 Principales, Cinemanía, Clara, Cuore, El Jueves, El Mueble, Hobby Consolas, iMag, Interviú, Lecturas, MAN, Micromanía, PC Actual, Rolling Stone, Saber Vivir e moitas outras, converténdose nunha plataforma de distribución moi completa, quedando agora por ver se a dixitalización destas publicacións resulta satisfactoria para os lectores, pois a resolución e o tamaño dos dispositivos de lectura poden ser un importante atranco para o salto do papel ao dixital.


Presentación de Kiosko y más recollida por Juan Varela no seu blog Periodistas 21