Ubuntu 12.04 LTS xa está dispoñible en galego

venres, 27 de abril do 2012 Marcus Fernández

A popular distribución de Linux Ubuntu vén de estrear a súa versión 12.04 LTS (o Long Term Support, que promete 5 anos de actualizacións), no que supón unha importante mellora fronte a versións anteriores, incluíndo un novo sistema de menús, facilita a localización de vídeos, estrea unha pantalla de identificación personalizable e elegante, incrementa o soporte de listaxes rápidas en aplicacións, refina as opcións de privacidade, facilita a identificación das aplicacións novas tras a súa instalación e conta cun novo sistema de xestión para varios monitores, entre outros moitos detalles entre os que non falta o feito de estar localizada ao galego grazas ao esforzo dun pequeno grupo de voluntarios.
O Ubuntu 12.04 LTS está localizado ao 96%, e para poder chegar ao 100% dende o Proxecto Trasno están a facer un chamamento público para que poder manter o actual nivel de tradución ao galego do software a través da adhesión de novos colaboradores que desexen contribuír á tradución de Ubuntu e outras ferramentas.


Algunhas das novidades de Ubuntu 12.04 LTS destacadas en vídeo

PUBLICIDADE