Telefónica instaura dous pilotos nas mallas fotónicas con tecnoloxía WDM

martes, 16 de febreiro do 2021 Sandra Rivadulla

A operadora Telefónica, coa axuda dos fabricantes Nokia e Huawei, vén de realizar dous pilotos para as mallas fotónicas con tecnoloxía WDM, co fin de reforzar a súa calidade e a capacidade cara a demanda de largo de banda que trae a chegada do 5G e os novos servizos.
En xeral, a operadora lembra que xa conseguiu altas velocidades de transmisión sobre a malla fotónica da rede, tanto na corta distancia como na larga. De feito, Juan José Marfil, director de transporte e conexión IP de Telefónica, sinalou que “ estes pilotos na malla fotónica son outro proxecto importante que se suman ao realizado en 2019 cando se conseguiu a transmisión 400 Gbps en Madrid”.
Cabe resaltar que sobre estas mallas se soporta case a totalidade do tráfico da compañía, ademais do crecente tráfico de arredor, que sostense nun 30 % cada ano. É por iso que a compañía pretende implantar unha nova velocidade de 400 Gbps na Rede IP Fusión a mediados de 2021 nun entorno metropolitano e en larga distancia durante o 2022. No referente ás velocidades 600/800 Gbps, espérase establecer unha malla de corta distancia no 2023 ou 2024.
O uso de canais como estes permitirá aumentar a capacidade de transporte dende un 50 % hasta un 100%. Doutra banda, o uso de 400 Gbps na larga distancia aumentará un 100 % a capacidade máxima respecto o uso actual.
Con todo, Telefónica implantará os desenvolvementos precisos para avanzar nos obxectivos e compromisos da operadora coa conservación do medio ambiente e no desenvolvemento sustentábel. Así, utilizaranse canais de transmisión que reducirán de forma significativa o consumo enerxético entre o 40 e 60 %.

PUBLICIDADE