Telefónica desplegará en Compostela a rede móbil LTE
mércores, 16 de novembro do 2011
Santiago
de Compostela converterase nunha das primeiras cidades de España (tras Madrid e
Barcelona) en contar cunha rede móbil de última xeración LTE, atendendo ao
compromiso adquirido pola compañÃa coa Xunta de Galicia dentro das actuacións
do Plan de Banda Larga co que está a achegarse a Internet ao noso rural e que
pretende beneficial a 250.000 persoas de 11.300 pequenos núcleos de poboación.
Esta nova infraestrutura despregarase ao longo de 2012 e posibilitará
velocidades de descarga de ata 100 Mbps, permitindo aos usuarios da capital
galega o acceso á vangarda da conectividade de datos en mobilidade, o que pode
abrir oportunidades para o sector TIC galego, xa que poderán probarse en
primicia novos servizos, produtos e dispositivos desenvolvidos para redes LTE.
