Spotify estrea extensión para Google Chrome

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

Dende Google anuncian que o seu navegador web, Chrome, conta xa cunha extensión que incorpora un botón na aplicación de xeito que cando teñamos un texto seleccionado e piquemos no devandito botón, realizaremos unha consulta no catálogo musical de Spotify, para poder lanzar logo cun simple clic a aplicación de reprodución de música a través de streaming nos temas que queiramos escoitar.
Deste xeito, facilítase o acceso a temas musicais dos grupos e artistas dos que atopemos información na Internet, evitando así o paso intermedio de teclear unha busca na aplicación de Spotify.

PUBLICIDADE