Telegram volve funcionar nos reloxos de Apple

mércores, 10 de xuño do 2026 Marcus Fernández

Hai preto de 4 anos a aplicación de mensaxería Telegram deixou de funcionar nos reloxos conectados de Apple, supostamente por mor dun fallo temporal, e finalmente Pavel Durov anunciou o seu retorno como unha aplicación nativa para Apple Watch.
A nova aplicación permite que os usuarios de Telegram poidan acceder aos seus contactos e conversas dende o reloxo, soportando imaxes GIF, reprodución de vídeo, mensaxes de voz, mensaxes de texto, compartir a localización e adhesivos.
Os usuarios de Telegram que teñen un Apple Watch agradecerán o retorno da aplicación ao seu reloxo, aínda que moitos terán reparos para adquirir certa dependencia da aplicación ante a inseguridade de que vaia manterse a longo prazo, en vista da pasividade de Telegram ante as incidencias da súa aplicación en reloxos, dando a impresión de que só recuperan Telegram no Apple Watch porque WhatsApp tamén está dispoñible.