Meta lanza globalmente Instants
mércores, 13 de maio do 2026
Meta anunciou o lanzamento global de Instants, a nova funcionalidade e aplicación independente de Instagram orientada ao intercambio de fotografÃas efémeras e espontáneas entre amigos. A ferramenta, que xa levaba semanas en probas en España e Italia, amplÃa agora a súa dispoñibilidade internacional tanto como función integrada en Instagram como mediante unha app especÃfica para Android e iOS.
Instants busca reforzar o intercambio de imaxes naturais e inmediatas, apostando por un formato no que as fotografÃas desaparecen despois de seren vistas ou transcorridas 24 horas. O sistema impide editar as imaxes antes do envÃo e tampouco permite empregar fotografÃas almacenadas na galerÃa do teléfono, xa que as capturas deben realizarse en tempo real desde a cámara integrada.
O acceso a Instants pode facerse desde a propia aplicación de Instagram, mediante unha pequena morea de fotografÃas situada na bandexa de entrada, ou directamente desde a aplicación independente, que abre de maneira inmediata a cámara. As imaxes poden compartirse con amigos seleccionados ou con seguidores mutuos, que teñen a posibilidade de responder con emojis, mensaxes ou novas fotografÃas temporais.
Meta tamén incorporou varias funcións adicionais para facilitar o uso continuado do servizo. As fotografÃas enviadas quedan almacenadas durante un ano nun arquivo privado accesible unicamente polo usuario, desde o que tamén se poden crear recompilacións para publicar nas historias de Instagram. Ademais, inclúese un sistema para desfacer envÃos antes de que o destinatario abra a imaxe e unha opción para silenciar temporalmente a recepción de novas fotografÃas.
Entre as medidas de privacidade destaca a imposibilidade de realizar capturas de pantalla ou gravacións das imaxes compartidas. Instants herda igualmente os sistemas de seguridade de Instagram, incluÃndo bloqueo, restrición, filtrado de contidos e ferramentas de denuncia.
Os controis especÃficos para adolescentes tamén forman parte da proposta. O servizo intégrase automaticamente coas Teen Accounts de Instagram e co Family Center, de xeito que os lÃmites de tempo, o modo descanso nocturno e a supervisión paterno se aplican igualmente á nova aplicación. Os pais recibirán ademais unha notificación cando un menor supervisado descargue Instants por primeira vez.
O lanzamento definitivo confirma que o experimento iniciado en España non quedará simplemente como unha función secundaria dentro de Instagram, senón que contará cunha aplicación propia para competir directamente con plataformas como Snapchat ou BeReal no segmento da fotografÃa efémera e espontánea.
