OnePlus Nord: un completo móbil 5G que parte dos 399 euros
martes, 21 de xullo do 2020
Cando OnePlus presentou
o OnePlus 8 como o seu novo móbil insignia en abril, o feito de que os seus
distintos modelos partisen de prezos de 709 e 909 euros facÃa pensar a moitos
que a marca perdera o rumbo, pois non podemos esquecer que o primeiro OnePlus
chegou ao mercado a un prezo de 269 euros para converterse no flagship killer,
espÃrito que estarÃan a traizoar, aÃnda que pouco tardaron en xurdir
comentarios apuntando a que en breve terÃan un móbil máis económico que resultarÃa
satisfactorio, e por fin temos aquà o OnePlus
Nord, smartphone que sae á venda por
399 euros con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento ou por 499 euros con 12
GB de RAM e 256 GB de almacenamento.
Se ben o OnePlus Nord está lonxe de ser un móbil de alta gama como o OnePlus 8
e o One Plus 8 Pro, é un smartphone moi equilibrado, equipado cun procesador Qualcomm
Snapdragon 765G (ou sexa, compatible coas redes 5G), pantalla AMOLED de 6,44
polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, cámara traseira cuádrupla cun
sensor principal de 48 MpÃxeles que presume de grande calidade en boa medida
polo seu estabilizador óptico de imaxe, cámara frontal dual (cun sensor principal
de 32 MpÃxeles e outro de 8 MpÃxeles cun campo de visión de 105 graos), Wi-Fi
AC, Bluetooth 5.1, NFC, e unha baterÃa de 4.115 mAh con carga rápida Warp
Charge 30T que permite completar o 70% da súa capacidade en só media hora de
carga. En definitiva, un móbil moi completo e competente, que resulta
especialmente atractivo para quen quere dar o salto á 5G e gozar igualmente dunha
experiencia de uso moi fluÃda (que é unha das grandes promesas de OnePlus,
compañÃa que coida moito a súa capa de personalización para non sobrecargar o
sistema).
- O OnePlus Nord pode adquirirse en cor gris ou azul