Razer presenta un micrófono dinámico con USB-C e XLR
martes, 9 de xuño do 2026
Razer anunciou o lanzamento do Razer Seiren V3 Pro, un novo micrófono dinámico de gama profesional orientado a creadores de contido, streamers e podcasteiros ao combinar a sinxeleza dunha conexión USB-C coas prestacións propias dos equipos de estudio grazas á súa compatibilidade tanto con USB como con XLR.
O novo micrófono integra gravación en formato de 32 bits flotantes a través de Razer Synapse para Windows, unha tecnoloxÃa habitual nos estudios profesionais que permite capturar un rango dinámico máis amplo ca os sistemas tradicionais de 24 bits. Isto contribúe a reducir a distorsión provocada por picos de volume e facilita a recuperación de detalles sonoros durante a edición posterior.
O procesamento de audio realÃzase directamente no propio micrófono mediante un procesador dixital de sinal (DSP) integrado. Entre as funcións dispoñibles figuran un sistema de eliminación de ruÃdo asistido por intelixencia artificial, compresor, limitador e expansor, co obxectivo de ofrecer unha voz máis limpa e equilibrada sen necesidade de complementos ou software adicional.
O Seiren V3 Pro incorpora unha cápsula dinámica de 30 milÃmetros cun patrón polar cardioide, deseñada para captar a voz con calidez e minimizar os sons procedentes do entorno. A resposta en frecuencia abrangue de 50 Hz a 16 kHz.
A construción aposta por un corpo monocasco de cinc pensado para reducir vibracións e mellorar a durabilidade. Tamén inclúe un sistema interno de absorción de impactos, un filtro antipop desmontable e un brazo articulado con amortecemento de vibracións para facilitar a súa colocación sobre a mesa.
Os controis fÃsicos permiten axustar a ganancia directamente desde o micrófono, mentres que un botón táctil de silencio con indicador luminoso facilita a xestión do audio durante as retransmisións. Completa o conxunto un aro de iluminación compatible con Razer Chroma RGB, configurable mediante software para mostrar información visual sobre o estado do micrófono, como o nivel de ganancia, o silencio ou a saturación do sinal.
O Razer Seiren V3 Pro xa está dispoñible cun prezo recomendado de 289,99 euros.
VÃdeo de presentación do novo micrófono de Razer
