O vindeiro filme de Dune inspira un mando que flota
martes, 13 de febreiro do 2024
De cara á estrea en cines da pelÃcula Dune: parte dos, dende Xbox anuncian unha colaboración bastante rechamante que consiste nunha expansión de balde do Microsoft Flight Simulator que permitirá voar sobre o planeta Arrakis nun ornitóptero simulando asà o contorno no que se desenvolven as aventuras de Paul Atreides da produción de Legendary Pictures e Warner Bros.
Pero o máis rechamante da colaboración entre Xbox e o filme protagonizado por Timothée Chalamet é o sorteo que están a organizar até o 25 de marzo, e no que ofrecerán a un afortunado unha consola Xbox Serie S personalizada coa estética do filme, unha réplica dun ornitóptero que serve para soster a consola dun xeito orixinal e, como detalle máis rechamante, un mando de consola personalizado coa estética da pelÃcula nun soporte capaz de flotar no aire, de xeito que serÃa o primeiro mando de consola capaz de levitar.
Tráiler de presentación da nova expansión do Microsoft Flight Simulator