O iPod Touch podería contar con conectividade Bluetooth

venres, 7 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Imaxe que deu lugar ós rumores

O novo reprodutor multimedia de Apple, o iPod Touch, está a dar moito que falar dende a súa presentación o pasado mércores, e un dos elementos que espertou máis rumores foi o feito de que pese a coñecerse vulgarmente coma un iPhone sen teléfono, carece tamén de conectividade Bluetooth, polo que a posibilidade de empregar un móbil a xeito de módem para conectarse á Internet en lugares sen cobertura de Wi-Fi quedaría desbotada, pero unha imaxe publicada en varias webs levantou rumores de que a ausencia de Bluetooth podería ser só formal, xa que se vía que xunto o gráfico de estado da batería do iPod Touch aparecía unha icona de Bluetooth.
Segundo as especificacións oficiais do iPod Touch o Bluetooth non figura entre as características do reprodutor multimedia, pero distintas fontes afirman que o chip que dá conectividade Wi-Fi é o mesmo que achega Bluetooth, polo que tal opción estaría desactivada por defecto, aínda que nos vindeiros meses podería cambiar tal prestación (non sabéndose nada oficial sobre tal asunto).

PUBLICIDADE