Vodafone TV terá decodificador baseado en Android TV
xoves, 28 de setembro do 2023
Vodafone presentou
hoxe o seu novo decodificador de televisión, agora baseado en Android TV, que
reduce o seu tamaño e peso nun 20% en comparación coa versión anterior, asÃ
como tamén ofrece unha maior experiencia de uso ao contar cun 50% máis de
velocidade de procesamento e memoria, de xeito que a súa resposta é máis fluÃda.
O novo trebello converterase no decodificador estándar de Vodafone TV, e irase
entregando aos novos clientes do servizo a partir da segunda quincena de
outubro. Dispón de todas as funcionalidade de Vodafone TV e, ao estar baseado
en Android TV, permite tamén o uso de moitas outras aplicacións de vÃdeo baixo
demanda, contando o seu mando a distancia con botóns de atallo para acceder a
HBO Max, Disney+ e Prime Video.
O novo decodificador tamén incorpora o Asistente de Google (e xeito que será
posible sintonizar canles de televisión, iniciar aplicacións, controlar a
reprodución de vÃdeo e buscar contidos simplemente premendo o seu botón no
mando a distancia e dándolle as instrucións correspondentes coa nosa propia voz)
e a funcionalidade de Chromecast (facilitando o envÃo de contidos ao televisor
dende o móbil).