Panasonic poderÃa pasar a fabricar os seus televisores en China
luns, 3 de maio do 2021
O
mercado do televisores segue a ter serios problemas de viabilidade para grandes
fabricantes tradicionais, e un dos últimos en tirar a toalla é Panasonic, que coméntase
que deixará
de producir os seus propios televisores para externalizar a produción á marca
chinesa TCL, actualmente o terceiro fabricante de televisores do mundo. O
acordo entre ambas compañÃas estarÃa a piques de pecharse e confÃase en que
sexa unha realidade para o mes que vén.
Panasonic manterÃa só a produción de televisores de alta gama para o mercado
xaponés, pero reducirÃa drasticamente o traballo das súas fábricas xaponesas,
para deixar a meirande da fabricación a instalacións fóra do paÃs, atendendo ás
reducidas marxes de beneficios que deixan os televisores de gama media e baixa,
o que xa levou a que a compañÃa movese parte da produción a paÃses como a India
ou Vietnam.
Panasonic chegou a ter máis do 10% do mercado mundial de televisores, e
actualmente terÃa aproximadamente o 1,2%, deixando claro o difÃcil que é
competir nun mercado dominado polos fabricantes surcoreanos e chineses. Outras
compañÃas xaponesas teñen unha sorte semellante, e Hitachi chegou a pechar a súa
división de televisores, Toshiba vendeu a súa división de televisores á chinesa
Hisense e basicamente a única compañÃa nipoa cunha boa saúde serÃa Sony, que mantén
un negocio estable, aÃnda que moi lonxe do rol lÃder que tiña no pasado.