O Lenovo Air 13 Pro entra na guerra dos ultraportátiles económicos

xoves, 28 de xullo do 2016 Marcus Fernández

A poucas horas da presentación do Mi Notebook Air de Xiaomi, ultraportátil que promete arrasar en China, xorde un novo equipo de Lenovo que vai a polo mesmo anaco de torta, o Air 13 Pro, que pode xa reservarse a un prezo promocional de 4.999 iuans (678 euros), o que parece un prezo bastante bo para un equipo delgado (1,48 centímetros) e lixeiro (1,29 quilogramos) que integra unha pantalla IPS Full HD de 13,3”, un procesador Intel Core i5, 4 GB de RAM, 256 GB de SSD, gráfica nVIDIA GeForce 940MX con 2 GB de memoria, un porto USB 2.0, un porto USB 3.0, un porto USB-C, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, lector de tarxetas de memoria, webcam de 720p, teclado retroiluminado e unha batería que promete unha autonomía dunhas 7 horas.
Temos así un grande competidor do equipo de Xiaomi, que diferénciase principalmente na diferencia de configuración na RAM e na gráfica, xa que o ultraportátil de Xiaomi opta por 8 GB de RAM e 1 GB de memoria gráfica, mentres que Lenovo aposta por 4 GB de RAM e 2 GB de memoria gráfica. En calquera caso, parece que Lenovo apunta por unha gama máis alta, e, de feito, estamos a falar do seu modelo máis básico, que fóra de promocións venderase a 5.499 iuans (746 euros), contando tamén cun modelo cun procesador Core i7 e 8 GB de RAM por 6.299 iuans (855) e outro ao que amplíanlle a súa unidade SSD até os 512 GB chegando aos 6.999 iuans (950 euros), o que xa no é un produto precisamente económico, pero continúa a ser un magnífico ultraportátil a un prezo moi axustado (xa que trataríase dun equipo cunha potencia comparable á dun MacBook Pro, pero co formato dun MacBook Air, e un prezo inferior á metade). Un equipo moi recomendable que confiemos en que chegue aos mercados occidentais a prezos tan competitivos.