DJI entra no mercado das estacións de enerxÃa portátiles
venres, 19 de abril do 2024
AÃnda que DJI sexa un fabricante normalmente identificado con drons, tamén comercializa dispositivos como cámaras de acción, estabilizadores para cámaras e sistemas de microfonÃa, aos que agora se suman as estacións de enerxÃa portátiles Power 1000 e Power 500, que inicialmente poderÃan verse como accesorios para cargar baterÃa de drons en mobilidade, pero que realmente serven como fonte de enerxÃa para case calquera dispositivo electrónico, sendo ideal para actividades ao aire libre ou incluso como baterÃa de reposto doméstica (para empregar durante emerxencias).
A DJI Power 1000 serÃa a estación de enerxÃa portátil máis completa, cunha capacidade de baterÃa de 1.024 Wh e un peso de 13 quilos, pode entregar até 2.400 watts, a súa carga pode completarse en só 70 minutos, conta con tomas de corrente estándar e tamén un par de portos de saÃda USB-C capaz de entregar cada un até 140 watts (ideal para, por exemplo, alimentar ordenadores portátiles ou tabletas) e incluso pode equiparse con até 6 paneis solares para poder recargarse cando esteamos en lugares afastados. O seu prezo de venda é de 999 euros.
Para usuarios menos demandantes de enerxÃa estarÃa a DJI Power 500, cunha baterÃa de 512 Wh e 7,3 quilos de peso, pode entregar até 1.000 watts, os seus portos USB-C poden entregar até 100 watts cada un e pode cargarse mediante até 3 paneis solares. O seu prezo de venda é de 529 euros.
Dende DJI apuntan como exemplo da capacidade destas estacións que a Power 1000 serÃa capaz de manter activa unha neveira de coche 19 horas, poderÃa cargar un ordenador portátil 9 veces e servirÃa para manter acendida unha lámpada doméstica até 92 horas.
VÃdeo de presentación das novas estacións de enerxÃa portátiles de DJI