O HP Spectre presume de ser o portátil máis delgado do mundo

martes, 5 de abril do 2016 Marcus Fernández

HP presentou hoxe o que asegura que é o ordenador portátil máis delgado do mundo (matizando que fala de equipos con Windows ou OS X con prezos maiores de 400 dólares), o HP Spectre, que moitos xa ben como a resposta de HP ao MacBook de Apple, equipo ao que consegue superar en bastantes aspectos, de xeito que converteríase no portátil ao que aspirar polo seu equilibrio entre portabilidade, potencia e deseño.
O HP Spectre é un equipo resistente, cunha base de fibra de carbono que permítelle conservar un peso contido (1,11 quilogramos), o seu grosor é de só 10,4 milímetros (equivalente a unha batería AAA), pantalla IPS Full HD de 13,3 polgadas con protección Corning Gorilla, procesador Intel Core i5 ou I7 de sexta xeración con até 8 GB de RAM e 512 GB de SSD (PCIe), refrixeración hiperbárica de Intel, altofalantes Bang & Olufsen con tecnoloxía HP Audio Boost, 3 conectores USB-C (dos que 2 soportan Thunderbolt para conectar dispositivos de alta velocidade, evitando así o grande problema do MacBook, que ao estar equipado precisa de complexos adaptadores de precisar conectar algo ao portátil mentres estea conectado a corrente), unha batería innovadora dividida en dúas partes que consegue unha autonomía de até 9 horas e media, unha bisagra con pistón oculto (que dá a impresión de que carece de bisagra, dándolle unha aparencia moi delgada) e un acabado con toques brillantes pulidos a man que dan a entender que estamos ante un produto de auténtico luxo.
O HP Spectre está previsto que inicie as súas reservas nos EE.UU. o vindeiro 25 de abril cun prezo de saída de 1.169,99 dólares (con procesador Core i5, 8 GB de RAM e 256 GB de SSD), chegando a tendas físicas o 22 de maio a un prezo de 1.249,99 dólares (con procesador Core i7, 8 GB de RAM e 256 GB de SSD) e esperándose que en xuño estea dispoñible en España a un prezo que partiría dos 1.499 euros.

O novo portátil tamén serve para estrear o novo logotipo de HP
As teclas do HP Spectre teñen un percorrido de só 1,3 milímetros
O portátil está equipado con tres portos USB-C
O HP Spectre busca usar un dos seus portos USB-C para a carga do equipo e os outros dous para ampliar a súa conectividade

PUBLICIDADE