O GPUL converteu a FIC nun fervedoiro de desenvolvedores e usuarios libres
venres, 28 de setembro do 2018
Estes
dÃas, até hoxe (incluÃdo), estÃvose a celebrar na Facultade de
Informática da Coruña unha relevante xuntanza para ver de preto (e
para implicarnos de preto) as razóns que en palabras da comunidade
de usuarios e desenvolvedores de software libre inclinan hoxe en dÃa
a balanza tecnolóxica en favor dos programas non privativos. Estamos
a falar da X.Org Developer’s,
que se celebra dende o mércores coa
presenza dalgún dos máis destacados representantes da tecnoloxÃa
non privativa, dentro e alén das nosas fronteiras.
Por
exemplo Google, Intel, AMD, NVidia, Valve ou a galega Igalia. A cita
está a ser unha palestra para visualizar o potencial de grandes
proxectos e para asentar os alicerces colaborativos doutras novas
propostas.
Segundo
informa a organización, a X.Org Developer’s é un escenario para o
intercambio de coñecemento e recursos arredor de ferramentas
empregadas a dÃa de hoxe por centos de millóns de persoas de todo o
mundo. De feito, céntrase en tecnoloxÃas gráficas libres dos
sistemas de escritorio de sistemas operativos tan populares como
GNU/Linux e Android.
Nesta
conferencia están a participar arredor de 150 expertos procedentes
de empresas lÃderes do sector tecnolóxico, entre as que se
encontran AMD, ARM, Collabora, Google, Igalia, Intel, NVIDIA ou
Valve, entre outras. Houbo charlas, obradoiros e relatorios sobre
técnicas gráficas do eido dos escritorios libres. Amais,
combináronse xeiras de traballo especializadas con actividades
lúdicas de convivencia e intercambio de coñecemento.
As
sesións da conferencia poden seguirse vÃa
streaming
a través da plataforma de vÃdeoconferencia da UDC.
O
evento vén da man de GPUL (Grupo de
Programadores e Usuarios de Linux) e a Universidade da Coruña e
conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña, a
CompañÃa de TranvÃas da Coruña e Igalia, a consultora de software
libre afincada na Coruña.