O Cluster TIC Galicia incorpora a 7 novas empresas asociadas

luns, 15 de outubro do 2012 Redacción

Antonio R. del Corral é o actual presidente do Cluster TIC Galicia, e amosou a súa satisfacción polas novas incorporacións

As empresas presentes en Galicia e con implantación internacional, Alba Technology Altia, Blusens, HP, Idom, Satec e Vodafone, pertencentes ao sector industrial, a consultaría, os servizos de telecomunicacións e a enxeñaría, incorporáronse como socias ao Cluster TIC Galicia, o que representa un importante pulo para o proxecto do Cluster TIC, centrado na captación de recursos e o desenvolvemento de proxectos que supoñan a creación de valor para as empresas do híper-sector das tecnoloxías da información e da comunicación de Galicia.
Neste modelo, as firmas de maior tamaño xogan un papel fundamental pola súa capacidade para xerar proxectos tractores e impulsar a comercialización de produtos tecnolóxicos galegos nos mercados internacionais. Este efecto de arrastre significa para as empresas pequenas unha axuda para o desenvolvemento de capital intelectual, que é o factor chave para a súa competitividade.
Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Cluster TIC Galicia e representante de R na entidade, manifestou a súa satisfacción polas novas incorporacións, sinalando que van responder á confianza dos novos socios do Cluster “xerando negocio para as empresas, axudándolles na súa internacionalización e atraendo capital ao sector. En definitiva, sendo útiles aos nosos socios”.

PUBLICIDADE