GameSalad permite facer xogos para o iPhone sen saber programar
luns, 20 de abril do 2009
No
mercado existen multitude de ferramentas para facilitar a creación de
videoxogos para ordenador e consolas, e GameSalad quere facer o mesmo co iPhone, de xeito que esta aplicación que polo
momento só funciona nas últimas versións de Mac OS X (aÃnda que traballar
nunha versión para Windows e para Tiger)
permite desenvolver xogos que fagan uso dos dispositivos de pantalla
multi-tácil de Apple sen precisar de ter coñecementos de programación.
Polo momento o programa está en probas e a súa descarga é de balde. Os xogos
poden publicarse na web e probalos a través dun engadido para o navegador web
Safari, pero no futuro pretenden que esta plataforma, previo pagamento, permite
a publicación destas obras na App Store de Apple, para que sexa doado
descargalos/mercalos dende un iPhone ou iPod Touch.
VÃdeo de demostración do que ofrece GameSalad
