Fortnite volverá ao iPhone este ano

venres, 16 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Epic Games vén de publicar o seu balance de 2023, dando conta que xa contan con máis de 270 millóns de usuarios de PC e preto de 804 millóns de contas entre todas as plataformas, incluíndo tamén no informe un adianto do que pretenden para 2024.
O máis salientable de todo o anticipado é que a Epic Game Store vai estar dispoñible para iOS en Europa, o que suporá o regreso efectivo de Fortnite aos dispositivos de Apple. A compañía confirmou que hai pouco recibiron unha conta de desenvolvedor para Apple, polo que en breve traballarán na creación dunha versión da súa tenda dixital compatible con iOS grazas á que a Lei de Mercados Dixitais forza a Apple a permitir tendas de terceiros.
Os encargados de operar a nova tenda para móbiles será a división sueca de Epic Games, que conta actualmente con 3 estudios e máis de 60 traballadores.

PUBLICIDADE