Artigos desta sección
A tenda de películas para Xbox 360 comeza a súa expansión por Europa
A tenda de películas de Xbox Live! que permite mercar películas en alta definición para aproveitar a calidade de imaxe da Xbox 360 chega o vindeiro día 11 ó Reino Unido, de xeito que nos vindeiros meses continuará a súa expansión europea. Polo momento o Video Marketplace permitirá a compra de películas en alta definición por 380 Microsoft Points (3 libras (...)
Ler máisSouth Park poderase ver de balde a través da Internet
MTV Networks anunciou a súa intención de publicar na Internet a serie de animación South Park, de xeito que os seus seguidores poderán acceder a tódolos seus episodios de balde, no que é unha das decisións neste sentido máis importantes dende que se fixo o mesmo con The Daily Show with Jon Stewart. A filial do grupo Viacom non espera que esta decisión (...)
Ler máisA película de animación 3D Donkey Xote chega ós cines
Este mércores chega ás grandes pantallas de toda España a película Donkey Xote, producida por Filmax Animation, e que xa se puido ver o pasado domingo nunha preestrea organizada polo Grupo Correo Gallego nos composteláns cines de Área Central cun éxito de crítica e público que non distinguiu idades. Hoxe ás 20 horas tamén se poderá ver no Teatro Principal de (...)
Ler máisAntena 3 achégase ós móbiles Nokia Nseries
Nokia e Antena 3 asinaron un acordo pioneiro en España para ofrecer contidos de televisión a través do servizo Video Center de Nokia, de xeito que os usuarios de terminais Nokia Nseries poderán ver vídeos cos seus contidos favoritos de Antena 3 que irían dende series coma La Familia Mata ou Los hombres de Paco ata contidos infantís coma Megatrix, pasando por (...)
Ler máisFalcatruada permite descargar temas musicais de balde dende ClubeDixital.com
O selo discográfico Falcatruada creou unha nova canle de difusión da súa música a través da Internet, Clube Dixital, que permite escoitar, descargar e compartir os temas promocionais de artistas coma Xosé Manuel Budiño, The Homens, Silvia Penida, Xosé Lois Romero, Sevigny, Nordestin@s, Talesien, Loretta Martín ou Narf. En contraste con outras iniciativa (...)
Ler máisLa 2 seleccionará presentadores a través de YouTube
La 2 está a preparar un novo programa, En construcción, que pretende empregar a Internet coma ferramenta chave para que os mozos de entre 11 e 16 anos poidan atopar tódalas tardes no seu televisor temas relacionados coas súas actividades habituais. Para comezar con esta aposta (que aínda non ten pechado o seu formato) TVE empregará YouTube como método de (...)
Ler máisA Xunta prevé para antes de dous meses a primeira televisión en liña sobre audiovisual galego
Segundo avanzou en declaracións a Europa Press o director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, Galicia contará nun prazo de dous meses coa primeira canle de televisión por Internet para a promoción do audiovisual destinada fundamentalmente ás produtoras, para a súa comercialización en todo o mundo. O (...)
Ler máisAs grandes televisión británicas únense baixo unha única plataforma de vídeo baixo demanda
No Reino Unido as canles televisivas BBC, ITV e Channel 4 acordaron asociarse para lanzar conxuntamente un servizo de vídeo baixo demanda que se chamará Kangaroo e que comezará a funcionar o vindeiro ano ofrecendo máis de 10.000 horas de programación tanto actual coma de arquivo. A meirande parte dos contidos distribuídos nesta plataforma serán de balde e (...)
Ler máisA CNN e YouTube organizaron un debate entre os aspirantes á candidatura republicana á presidencia dos EE.UU.
No verán os candidatos demócratas norteamericanos enfrontáronse nun debate televisivo revolucionario pois contaba por primeira vez co apoio de YouTube, xa que eran os propios cidadáns os que mandaban as preguntas ós políticos a través do portal de vídeo de Google, e desta volta é o Partido Republicano o que se somete a esta (...)
Ler máisFilmin: un portal feito con mans galegas para saírlle ó paso ós consumidores de audiovisual
Na actualidade, inaugurar un espazo web non é garantía xa de estar innovando, do mesmo xeito que tampouco se esculca no futuro gravando un filme coa cámara en constante movemento ou escribindo un libro sen puntuación. De feito, se pensamos en facer algo moderno é moi probable que o 99% do que se nos ocorra sexan vieiros xa transitados. Isto é aplicable a (...)
Ler máis0 | ... | 1040 | 1050 | 1060 | 1070 | 1080 | 1090 | 1100 | 1110 | 1120 | ... | 1280
