Artigos desta sección
Libertad Digital súmase á oferta televisiva de ONO
As novas plataformas de difusión están a deixar obsoleto o concepto de demarcación para as televisión autonómicas e locais, como demostra Libertad Digital Televisión, que hoxe se incorpora á oferta televisiva de ONO, o que significa que se poderá recibir o seu sinal por parte dos clientes da operadora de cable nas comunidades autónomas de Valencia, Murcia, (...)
Ler máisA produtora de Gran Hermano decláralle a guerra ós blogs sobre o programa de televisión
O éxito do programa televisivo Gran Hermano levou á creación de distintos blogs que tratan en exclusiva tal tema, o que non pareceu gustar á produtora Zeppelin Televisión, que contactou con varias destas páxinas web para indicarlles que está prohibido amosar vídeos do programa sen autorización expresa da produtora (non constando que deran tal autorización a (...)
Ler máisAntena.Neox levará un blog sobre videoxogos á televisión
O blog sobre videoxogos Plástico TV fará historia por converterse na primeira bitácora que se converte nun programa de televisión en España. O novo programa de Antena.Neox chamarase Plástico e estrearase o vindeiro 3 de outubro ás 23:30 horas, durando 26 minutos cada entrega con contidos que van dende as novidades e as análises ata as primeiras imaxes dos (...)
Ler máisA videoblogueira Amanda Congdon deixará o seu espazo semanal en ABC News
O feito de que Amanda Congdon saltase dun videoblog á canle televisiva ABC News parecía marcar un momento histórico que podería levar ás grandes cadeas a facer fichaxes na Internet, pero parece que o experimento non resultou de proveito, e ABC News deixará de emitir o espazo semanal da «primeira videoblogueira en promocionar a unha grande cadea». Congdon (...)
Ler máisAntena 3 leva as súas series de éxito ó móbil
O servizo de televisión no móbil de Vodafone incorpora unha nova canle centrada unicamente en series de televisión de Antena 3, de xeito que durante as 24 horas se poderán seguir as entregas de Un paso adelante, Los hombres de Paco e Manos a la obra, mellorando a oferta de Antena 3 no móbil, pois actualmente Vodafone live! TV xa incluía as canles Lo mejor de (...)
Ler máisBuenafuente tira da Internet para promocionar o seu novo programa de televisión
Esta noite LaSexta estrea o novo programa de televisión presentado por Andreu Buenafuente e coa colaboración da modelo Eva González, a actriz Silvia Abril ou o humorista Berto, que destaca especialmente pola campaña promocional que estiveron a realizar durante todo o verán, tanto en televisión como na Rede. Nun principio o programa xa estreara unha curiosa (...)
Ler máisMobuzzTV estrea versión en francés
MobuzzTV é un dos videoblogs máis coñecidos feitos en España, e que conta tanto cunha versión en español (Dosis Diaria) coma en inglés (Daily Buzz), e agora estrea a súa entrega en francés (Le Buzz), consolidándose coma unha das canles de novas tecnolóxicas de máis relevancia na Internet ós seus 3 anos de (...)
Ler máisMySpace faise cos dereitos de emisión da serie Quarterlife
Os produtores de series coma Es Mi Vida ou Treinta y tantos, e películas coma Traffic, Marshall Herskovitz e Edward Zwick venderon a súa nova serie Quarterlife a MySpace, que a estreará na Internet intentando repetir o éxito de series como a de LonelyGirl15. Quarterlife está composta por 36 episodios de 8 minutos para probar así un formato axeitado para a (...)
Ler máisFutboldelacasa.com fracasa no seu intento de retransmitir pola Rede o último encontro da Selección Española de Fútbol
Seguir os partidos de fútbol a través da Internet é un asunto que normalmente se asocia á utilización de plataformas televisivas P2P para piratear o sinal televisivo e ver os encontros de pago de balde, pero o xornalista José Ángel de la Casa, que levaba máis de 3 décadas en TVE, lanzou a súa propia páxina web, Futboldelacasa.com, dende a que pretendía seguir a (...)
Ler máisOno estrea unha web para compartir vídeos futbolísticos
Os futboleiros teñen un lugar máis no que compartir os vídeos cos seus momentos favoritos do deporte rei en Onogol, unha plataforma presentada hoxe pola operadora de cable Ono e que, en plan YouTube, permite que os afeccionados á Liga Profesional de Fútbol poidan publicar e compartir os seus vídeos favoritos nas categorías de goles, paradas, filigranas e (...)
Ler máis0 | ... | 1080 | 1090 | 1100 | 1110 | 1120 | 1130 | 1140 | 1150 | 1160 | ... | 1280
