Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

A película Oviedo Express chegará antes ós móbiles que ó DVD

A película de Gonzalo Suárez, Oviedo Express, se estreará o vindeiro luns en móbiles 3G da operadora Orange adiantándose á súa comercialización en DVD, polo que racha coa habitual cadea de distribución. A película de 115 minutos se dividiu en 10 capítulos para poder adaptarse ó contorno móbil e á limitada duración das baterías. Tamén se poderá ver a través da (...)

Ler máis

RTVE estreará cun portal multimedia informativo en primavera

Javier Pons, director de Televisión Española; Fran Llorente, director dos Servizos Informativos; e Rosalía Lloret, director da iRTVE-Medios Interactivos, presentaron a nova imaxe dos Telediarios, Los Desayunos de TVE e La 2 Noticias, coa vista posta nos comicios electorais do vindeiro 9 de marzo. O ente tamén traballará por corrixir a súa pouca presenza na (...)

Ler máis

As televisións locais non cumpren co apagamento analóxico

A Asociación para a Implantación e o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre, Impulsa TDT, difundía que TDT chega ó 23,4% dos fogares en novembro de 2007, pero iso non fai que acade unha cota de pantalla importante, pois só o 9,5% dos share correspondía a esta tecnoloxía en decembro de 2007 (segundo Sofres) en contraste co 72,3% de cota de pantalla que (...)

Ler máis

A segunda canle da TVG estrearase o vindeiro 25 de xullo

A Televisión de Galicia contará con novas canles de Televisión Dixital Terrestre, e a segunda das mesmas xa ten data de saída, o vindeiro 25 de xullo, coincidindo co 23º aniversario da TVG. A nova canle galega levará por nome G2, será só dixital e terá uns custos de entre 1 e 2 millóns de euros, centrándose o inicio desta canle na difusión da imaxe de marca e na (...)

Ler máis

A nova tempada de Los hombres de Paco preestrearase na Internet

Antena 3 anunciou (nun documento en formato PDF) que será a primeira canle televisiva en preestrear unha serie de éxito na Internet, pois dende o 7 de xaneiro ás 10:00 horas se poderá descargar o primeiro episodio da nova tempada de Los hombres de Paco.

Ler máis

Ábrese o concurso a consultoras para o proxecto de dixitalización da CRTVG

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia abre o prazo para recibir solicitudes para a redacción, dirección, supervisión e control de dixitalización da CRTVG e as súas sociedades que se aceptarán ata o 18 de xaneiro no Rexistro do Servizo de Compras e Xestión Patrimonial da CRTVG, estando os pregos técnico e xurídico e outra documentación dispoñibles na web da (...)

Ler máis

Transformers e Heroes lideran as descargas na rede BitTorrent

Para medir o éxito de películas e series de televisión normalmente se recorre a datos de vendas de entradas ou de audiencia, pero as estatísticas de webs de P2P tamén pode servir para medir a popularidade dos produtos audiovisuais, e Mininova (web dedicada a ficheiros para a rede BitTorrent) publicou os datos relativos ó ano pasado de xeito que temos que a (...)

Ler máis

Zattoo incluirá as emisións internacionais da TVG na súa oferta televisiva

A plataforma de retransmisión televisiva a través de tecnoloxía P2P, Zattoo, está a ser moi ben acollida en España como unha solución para ver a televisión no ordenador sen precisar dunha tarxeta sintonizadora, contando só con conexión á Rede; e para celebrar as festas incrementan a súa oferta de canles con Aragón Televisión, TVC Internacional, Popular TV, Canal (...)

Ler máis

A Raíña de Inglaterra estréase en YouTube coa súa mensaxe de Nadal

A tradicional mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra que se emite por televisión dende 1957, e que o ano pasado xa se puido seguir a través da Internet, deu un paso máis en favor das Novas Tecnoloxías, e estreou unha canle en YouTube chamada The Royal Channel, que inclúe dende a histórica mensaxe de Isabel II hai 50 anos ata a mensaxe deste Nadal, pasando por (...)

Ler máis

Dygra Films celebra o seu 20 aniversario con cine 3D e a protección do medio ambiente

Os estudos galegos Dygra Films celebraron hoxe en Kinépolis Madrid o seu 20 aniversario con 2 apostas claras: a innovación tecnolóxica e a defensa do medio ambiente. O director dos estudos , Manolog Gómez, destacou que «o compromiso, a innovación e a formación son os 3 piares sobre os que medrou Dygra e que fixeron do seu un modelo diferente». Para continuar (...)

Ler máis

0 | ... | 1020 | 1030 | 1040 | 1050 | 1060 | 1070 | 1080 | 1090 | 1100 | ... | 1280

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade