«As TIC son tan de aquà como os eucaliptos ou as rÃas» – Antonio RodrÃguez del Corral
martes, 23 de abril do 2024
O Clúster TIC Galicia reeditou recentemente o seu Comité de Dirección, resultando reelixido como presidente da entidade Antonio RodrÃguez del Corral en representación da empresa Cinfo, con quen quixemos falar sobre os retos desta nova etapa.
– En Galicia hai unha longa tradición de asociacións profesionais do sector TIC. En que se diferenza o Clúster TIC Galicia de proxectos anteriores?
– Un clúster non é unha asociación profesional. Un clúster non é unha patronal. Suponse que un clúster é a reunión de elementos heteroxéneos. Empresas efectivamente tecnolóxicas, pero tamén centros tecnolóxicos, clientes, asociacións (incluso que non teñan nada que ver co sector, pero que estean interesadas) ou grupos de traballo.
A idea dun clúster é representar unha cadea de valor. Nese sentido, é moi diferente de calquera asociación profesional habitual. Certamente, existindo esta definición que é a definición académica de clúster. Logo, como a palabra clúster é bonita e recoñecida como algo de moito valor, pois ás veces aparecen clústers por aà que no fondo son asociacións profesionais das de antes.
Pero no caso concreto noso do Clúster TIC sempre tivemos esa visión de que un clúster non é unha asociación de iguais, porque entón aportarÃa pouco. Aparte, cando se xuntan os competidores aà hai moi pouco que sacar. Sempre son asociacións á defensiva. Iso é para min o que aporta diferente.
– A súa reelección como director do Clúster TIC podemos entendelo non como unha nova etapa senón como a continuidade dun proxecto a longo prazo?
– Creo que hai un conxunto de empresas que están empurrando o Clúster desde fai moitos anos. Iso renovouse. Pero tamén é certo que moitas das cousas que levamos dicindo moitos anos, están comezando a facerse realidade, como ocorre no caso do Plan Director das TIC.
Un dos grandes problemas ou grandes condicionantes que houbo no sector historicamente, é que as TecnoloxÃas da Información e a Comunicación en Galicia son unha ferramenta auxiliar. Non son algo propio de Galicia. Propio de Galicia é o eucalipto. – comenta con retranca– Propio de Galicia son as rÃas e a pesca, o granito. As TIC non. As TIC non son propias de aquÃ. Son algo moi importante. Pero non son propias. Aquà cremos que por fin esa idea cambiou, pois co propio desenvolvemento do sector, co exemplo de moitos empresarios que fixeron grandes empresas aquÃ, con produtos, con convencemento e que agora, a pesar de que si estamos renovando, facemos un traballo de continuidade. Tamén hai unha certa ruptura con esta oportunidade do Plan Director das TIC.
– Agora mesmo estamos pisando as instalacións na Cidade das TIC. Que supón esta infraestrutura para Galicia?
– Nós o que dicimos é que unha sociedade moderna non pode considerarse moderna se non ten unha alta porcentaxe do seu PIB, non só dedicado ás TIC como gasto, senón dedicado ás TIC como produción propia. Galicia ten que ter os seus produtos TIC xurdidos de empresarios individuais, empresarios que exporten, creen emprego e mentres non teña ese sector TIC non poderá considerarse nunca unha sociedade produtiva moderna. E entón a Cidade das TIC vén para axudar a esa visión. A Cidade das TIC é unha ferramenta máis para visualizar as cousas, de pór un territorio fÃsico, incluso de concentrar empresas e centros tecnolóxicos, formación, talento... visualiza o concepto clúster, visualiza o sector, axuda ao convencemento, de maneira que é unha ferramenta moi importante, pero o obxectivo final é que Galicia teña un sector TIC exportador e que por fin, digamos non. As TIC son tan de aquà como os eucaliptos ou as rÃas.
– E con que perspectiva de tempo se conta para que o proxecto da Cidade das TIC poida ser unha realidade completa?
– Iso xa depende da vontade polÃtica, pero cunha vontade polÃtica adecuada en tres anos máis a partir de agora poderÃa estar perfectamente. Reformar unha nave nos leva nove meses. Ten un custo que xa coñecemos. Ten un modelo de negocio que xa coñecemos. Logo o que falta son fondos. Non entendemos por que este proxecto non ten máis fondos xa. Hai cinco edificios en marcha (operativos, dous).
– E no caso do Centro de Estudos Avanzados, cal é a presenza que ten o Clúster TIC nesta instalación que está a ser o estandarte da Cidade das TIC?
– O edificio é unha sociedade limitada. O Clúster TIC ten o 25%. Acabamos de anunciar a semana pasada a apertura do data center a todos os socios cos seus prezos. Este edificio está sendo o que se propuxo desde o dÃa 1. Temos o showroom funcionando. Fanse multitude de eventos, formación, etcétera. Xa está todo o edificio alugado, todos os espazos para empresas, todos os postos de coworking. O edificio está funcionando. Ten un modelo económico axustado, pero que é positivo. O edificio poderÃa ser moito máis rendible se alugáramos ata o último metro cadrado e non deixásemos nada para showroom do sector. O feito de destinar mil metros cadrados ao showroom do sector é unha gran idea e tamén penaliza o rendemento económico, pero ten un modelo clarÃsimo para o resto de naves. Ademais, pódense apoiar no data center que hai neste edificio, no propio showroom e nas súas salas de reunión. De maneira que, a 9 meses por nave, e podendo facer perfectamente dúas naves ao mesmo tempo, quedan sete: é facilmente calculable o horizonte temporal.
– Estamos á espera da chegada da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial á Coruña. Tedes un horizonte para tal desembarco e unha previsión das vantaxes que pode supor para o sector TIC galego?
– A AESIA é un órgano do Estado. O Estado parece ser que ten un ritmo non moi rápido nestes temas, pero recentemente anunciou a apertura do proceso de presentación de candidaturas para director da AESIA. AÃnda que a AESIA ten unhas funcións definidas nos seus estatutos, vai depender moito dos primeiros equipos directivos. Pode ter dúas alternativas: a alternativa de crear unha axencia de observación e análise da IA (entendo que en defensa do consumidor, na protección dos datos, na vixilancia dos nesgos); pero o Clúster cre que ademais de iso poderÃa ter un papel moi importante no desenvolvemento de produtos de intelixencia artificial españoles. O feito de que estea aquà en A Coruña, a proximidade poderÃalle dar unha oportunidade moi grande ao sector tecnolóxico galego. Depende un pouco da visión que teñan os primeiros equipos directivos: que a convertan nun órgano máis administrativo ou nun órgano máis administrativo e impulsor. Nós, por suposto, cremos que debe ter esa dobre función, pero dado que non está claro nos estatutos, aÃnda que nunha interpretación aberta si poderÃa encaixar, vai depender moito do primeiro equipo.
– Cales son os principais retos que ten o Clúster de cara aos vindeiros meses?
– O principal reto é que se elabore un Plan Director das TIC de Galicia, que non só nos deixe satisfeitos, senón que sente as bases para que neste perÃodo que se abre (2024-2030) que é o que estarÃa cuberto polo Plan Director, que saiamos de aà tendo desenvolvido o sector TIC de Galicia ao seu máximo potencial. Se o sector TIC vai ao ritmo natural da economÃa, vai crear 3.000 ou 3.500 empregos nos próximos seis anos, pois que cree 8.000 grazas a este plan. Ese é o noso obxectivo. Agora estamos comezando o proceso de escoita. Queremos escoitar aos socios, ás universidades, aos clientes, ás grandes empresas, á Europa, ao Goberno de España, ao capital risco... Hai que escoitar todo iso antes de poñer as bases deste plan.
– Que resulta máis complicado para o Clúster? Relacionarse coas administracións? Conectar coa sociedade?
– DifÃcil, non temos en concreto nada, pero si que é certo que hai un tema que é agora as TIC están en todas partes. Sempre ocorre, non só no tema das TIC, senón no tema da innovación en xeral, que moitas veces hai confusión nas unidades de negocio sobre como se trata a innovación.
A innovación está dentro do negocio ou é un factor externo? E iso ocorre tamén nos gobernos. As TIC están na AMTEGA ou están en todas as consellarÃas? Non é unha cousa nin outra. Ti necesitas uns especialistas porque é un campo onde se require especialización e ti como unidade de negocio, non podes estar ausente do pensamento dixital. Nin o Goberno nin unha empresa privada. De maneira que hai multiplicidade de interlocutores. Todo o mundo opina sobre as TIC. Eu cheguei a escoitar algún colexio industrial que dicÃa que Ãan dirixir a evolución dixital. Todos queremos ser dixitais. Que temos dito sempre nós? Que todo o mundo ten que opinar, todo o mundo ten que ter as súas propostas, os seus plans, pero ao mesmo tempo isto ten que ter un algo de organización para que non sexa ida, volta, etcétera. E iso é quizais a dificultade máis grande, pero ocorre tamén nas grandes empresas privadas. Se o CEO ten claro o rumbo dixital da empresa, ese rumbo dixital vai tomando. Se o CEO se aparta do tema dixital e xa o leva un delegado, comeza a haber alà unha tensión que non é boa.
Quizais ese é o reto máis grande ou o motivo polo cal Europa está un pouco atrasada no tema dixital. Porque é como que en Estados Unidos iso chegou ao pensamento estratéxico da alta dirección, de maneira que todo isto que estamos a facer se non é altamente dixital non me vale. E en Europa iso foi máis amodo. Por iso esta desaleración. En Asia, igual que en Estados Unidos, o tomaron desde o principio. Certamente aquà seguimos pensando que a compoñente dixital é algo que vén detrás do negocio.
– Non podemos rematar a conversa sen comentar o monotema actual: a intelixencia artificial. Como se está a abordar dende o Clúster TIC?
– Nós vemos a IA como unha tecnoloxÃa máis. Certamente é moi importante, pero é unha tecnoloxÃa igual que o backend, o frontend, etcétera. O que si entendemos é que é unha tecnoloxÃa que ten diferentes modos de uso. Teño o modo de uso produtividade, onde se introduce a IA unha empresa para mellorar os seus procesos. Teño o modo de uso que aparenta unha intelixencia humana (aÃnda que non sexa verdade) e entón crea un produto software as a service co cal o público se relaciona directamente. E está o modo de uso que aÃnda non chegou, pero que hai xente que di que chegará (eu persoalmente son escéptico) que é o da AGI (Intelixencia Artificial Xeral). Eu creo que iso está moi lonxe e que calquera aparencia de AGI por agora, e en moito tempo, será simplemente unha aparencia. E agora, desde o punto de vista empresarial, para nós é un gran xacemento de emprego. Ou estás dentro creando empresas, creando produtos, creando plataformas ou vas ser un consumidor. Se nos poñemos no ano 2030 nos que haberá miles de servizos de IA na nube, o noso obxectivo é que 20, 25, 30 ou 50 sexan producidos en Galicia. Evidentemente, deses miles, haberá 500 que son de Estados Unidos, 300 de China, outros 300 europeos e que nós teñamos máis do que nos toca no sentido proporcional (somos o 5% de España, pois que teñamos o 10%). É o obxectivo do Clúster como asociación empresarial.
O tema da regulación? É que nin nos preocupa. Que caia o que teña que caer. Porque estamos demasiado lonxe dese tema. Podemos falar coa AESIA, pero mesmo a Axencia española está a distancia do asunto. O que si nos preocupa e no que nos queremos centrar no Plan Director é que eses servizos IA as a service, algúns deles créanse en Galicia e para iso que necesitamos empresarios e empresarias, emprendedores (novos e maiores) que teñan a imaxinación e a creatividade de pensar un novo servizo de IA e que o Clúster lles axude con recursos. Por que gastamos todo o diñeiro do data center do CSA só en máquinas de IA? Para que eses emprendedores teñan polo menos algo de recursos.
En que outras cousas podemos axudar tamén? Por exemplo, na liberación de espazos de datos. Por que non hai máis empresas de IA españolas? Pois porque os datos que están celosamente gardados por todas as administracións son inaccesibles, pero os datos de todo tipo, xa non os evidentes sanitarios: os datos educativos, os datos do rexistro, os datos do Catastro... todo é inaccesible! A IA non se pode crear sen datos. Transmitir estas cousas, poñer recursos, axudar. Iso é a misión do Clúster.