Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

Vigo avanza en prevención de lumes cun servizo propio de drons con IA


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, comprobou, no Monte Cepudo, o funcionamento do dispositivo da Policía Local de Vigo para vixiar toda a masa forestal do concello con drons dotados da tecnoloxía máis avanzada. Indicou que o Concello estuda adquirir novo material.

[ler máis]

A UDC e a USC clausuran no CITIC a cuarta edición de AddVenture


Os Consellos Sociais da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela clausuraron o pasado 9 de xullo, no CITIC da UDC, a cuarta edición de AddVenture, o programa universitario de emprendemento e innovación que desenvolven xunto con TeamLabs, de Mondragon Unibertsitatea.

[ler máis]

Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel oficial da súa 54 edición


Curtas Festival do Imaxinario, o certame de cinema de xénero de Vilagarcía, presentou o cartel da súa 54 edición. Esta peza, creada un ano máis polo ilustrador arxentino Flavio Greco, trasládanos a un escenario cargado de mística local: a Illa de Cortegada, emprazada no propio concello arousán (fronte a costa de Carril), un escenario que segundo a organización “sempre gardou segredos entre a espesura dos seus bosques”.

[ler máis]

O grupo NEUROcom do CICA inicia un campamento tecnolóxico para menores con parálise cerebral unilateral


O grupo de investigación NEUROcom (Neurociencia e Control Motor) do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña organiza a primeira edición de WeFun Camp – Marea de Aventuras, un campamento de verán que combina rehabilitación intensiva, investigación científica e actividades inclusivas para nenos e nenas con parálise cerebral unilateral, máis coñecido como hemiparesia, e as súas familias.

[ler máis]

A Comisión Europea prepara unha proposta para limitar o acceso dos menores ás redes sociais


A Comisión Europea anunciou que presentará despois do verán unha proposta para reforzar a protección dos menores na Internet, centrada na implantación de restricións de acceso ás redes sociais segundo a idade e nun maior control sobre o deseño das plataformas dixitais. O anuncio produciuse coincidindo coa entrega do informe do Panel Especial sobre Seguridade Infantil na Internet e coa publicación dun Eurobarómetro que reflicte un amplo apoio cidadán a medidas máis estritas.

[ler máis]

Máis de 200 profesionais xuntáronse en Santiago no II Foro de Innovación e Emprendemento


Máis de 200 persoas acudiron o pasado venres 10 de xullo ao II Foro de Innovación e Emprendemento de APD, que se celebrou en Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia baixo o programa de Capacita Directivos. O encontro reuniu a directivos, representantes de empresas e profesionais no Lux Events Center da capital galega, para abordar os principais retos e oportunidades ao redor da innovación e a creación de valor empresarial.

[ler máis]

Os responsables das tecnoloxías que fan posible unha web aberta déronse cita na Coruña


O recinto de PALEXCO na Coruña acolleu entre os días 15 e 17 de xuño unha nova edición do Web Engines Hackfest, un encontro que xuntou a unha parte significativa da comunidade internacional responsable das tecnoloxías que sustentan a web. No encontro discutíronse temas como a accesibilidade, a seguridade, a gobernanza, a interoperabilidade dos navegadores e mesmo a intelixencia artificial na web, que centraron tanto relatorios como sesións colaborativas. Para saber máis deste evento falamos cun dos seus coordinadores, Manuel Rego, de Igalia, compañía responsable de que unha xuntanza desta magnitude teña lugar en Galicia.

[ler máis]

O Campus de Ferrol reúne alumnado de seis universidades europeas no marco dun programa de Industria 4.0


Un total de 32 estudantes de grao, de mestrado e de doutoramento, procedentes de Croacia, Serbia, Finlandia, Romanía e de Portugal participan, ao longo de toda esta semana, no Programa Intensivo Combinado From Sensors to Data: Industry 4.0 in Engineering Experimental Testing. Neste marco o estudantado afondará en ámbitos clave como a Industria 4.0, a sensórica, a adquisición e análise de datos, a fabricación aditiva, a robótica, a Internet das Cousas (IoT) ou os xemelgos dixitais, así como na súa aplicación nos ensaios experimentais en enxeñaría.

[ler máis]

Mundos Digitales pecha a súa edición de 2026 cunha última xornada dedicada á consolidación da IA, os grandes estudios e a evolución dos efectos visuais


O pasado sábado Mundos Digitales puxo punto final á súa XXIV edición cunha xornada que sintetizou boa parte dos temas que atravesaron o congreso durante os tres días de actividade. A intelixencia artificial, a evolución dos efectos visuais, a produción cinematográfica e o percorrido histórico dunha industria en constante transformación marcaron un programa que reuniu profesionais de compañías como Framestore, Marvel Studios, ILM, Netflix, Disney ou El Ranchito, pechando unha edición especialmente centrada nos novos fluxos de creación dixital.

[ler máis]

A Cámara de Santiago mobiliza máis de 4,5 millóns para impulsar a transformación dixital das empresas da demarcación


A Cámara de Comercio de Santiago fixo balance da súa actividade recente en materia de impulso á innovación, ao emprendemento, a formación, a internacionalización e a cooperación europea. Estes datos aparecen reflectidos na Memoria de Actividades e nela constátase que a Cámara reforzou o seu apoio á dixitalización empresarial, xestionando máis de 1.615 solucións dixitais con máis de 4,5 millóns de euros en axudas.

[ler máis]

Xreal lanza unhas novas lentes con pantalla a un prezo axustado


Xreal iniciou a comercialización internacional das súas novas lentes de realidade aumentada Xreal xbx a01+, o primeiro modelo da súa nova submarca X by Xreal, coa que busca achegar este tipo de dispositivos a un público máis amplo mediante unha proposta centrada no entretemento e cun prezo de 299 euros.

[ler máis]

Mundos Digitales afonda nos efectos visuais e na incorporación da IA aos fluxos profesionais


A segunda xornada de Mundos Digitales 2026 confirmou na súa segunda xornada a aposta do congreso por analizar os cambios que están a redefinir a industria da creación dixital desde unha perspectiva eminentemente práctica contando coa participación de grandes figuras internacionais da industria dos estudios de animación, efectos visuais, publicidade, videoxogos e produción audiovisual.

[ler máis]

Navantia e atlanTTlic premian a innovación en comunicacións submarinas con The Pulse Hackathon


A iniciativa Monodon by Navantia, a área de innovación da compañía, e máis o laboratorio QOPHI Lab do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo celebraron esta semana (entre o 8 e o 10 de xullo no edificio Miralles do Campus de Vigo) o reto The Pulse Hackathon, un desafío técnico de 28 horas centrado no desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito das comunicacións ópticas submarinas.

[ler máis]

Apple demanda a OpenAI por espionaxe industrial


Apple presentou unha demanda masiva contra OpenAI ante o Tribunal do Distrito Norte de California na que acusa á compañía de intelixencia artificial de deseñar unha estratexia corporativa coordinada para roubar os seus segredos comerciais e planos de hardware. A compañía de Cupertino esixe un xuízo con xurado, a destrución de calquera material subtraído e o redeseño completo dos futuros dispositivos de OpenAI para garantir que non utilicen tecnoloxía roubada.

[ler máis]

Galicia aposta polas redes intelixentes, a IA e a ciberseguridade


O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou a aposta do Goberno galego polas redes intelixentes, a intelixencia artificial e a ciberseguridade como piares estratéxicos para consolidar Galicia como un territorio máis accesible, conectado e competitivo, no que a tecnoloxía contribúa a reducir desigualdades e a achegar servizos á cidadanía.

[ler máis]

A Deputación da Coruña financia un curso sobre os retos e solucións da nanotecnoloxía impartido pola RAGC


A Deputación da Coruña e a Real Academia Galega de Ciencias asinaron un convenio de colaboración para co-financiar o curso titulado Nanotecnoloxía ao servizo da sociedade: retos e solucións do presente e do futuro. O acordo de cooperación foi subscrito polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e polo presidente da corporación científica, Juan Manuel Lema Rodicio.

[ler máis]

A Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia mobilizará 400 millóns


A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou que a Xunta aprobará este mesmo ano a que será a primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia, que vai mobilizar 400 millóns de euros e busca “consolidar un modelo de crecemento para toda a economía galega”.

[ler máis]

As universidades galegas impulsan unha ferramenta para facilitar a análise semántica dos sistemas informáticos


Persoal investigador de oito universidades reuniuse este venres 10 de xullo na sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (UVigo) nunha xornada promovida polo proxecto de investigación ESMAS-ES+, do que a profesora da USC MarÍa José Domínguez é a coordinadora xeral. O proxecto ten como obxectivo o deseño dunha ferramenta de etiquetado semántico automática e multilingüe, que facilite a análise do significado das palabras e expresións por parte dos sistemas informáticos.

[ler máis]

O 14 de xullo o CiTIUS será un gran escaparate de tecnoloxías punteiras cunha nova xornada de Inside The Lab

<br<Volve Inside The Lab, a xornada anual de presentación de resultados científicos do CiTIUS, centro da USC centrado nas infinitas posibilidades das tecnoloxías e sistemas intelixentes, perante o mundo da empresa e a administración.

[ler máis]

A AESIA recibe á primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial de Galicia


A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), organismo adscrito á Secretaría de Estado de Dixitalización e IA do Goberno de España, recibiu á primeira promoción de estudantes do Grao en Intelixencia Artificial que se imparte en Galicia. O director xeneral da AESIA, Alberto Gago, foi o encargado de dar a benvida a un grupo de máis de 20 estudantes para explicarlles os labores que desenvolve a Axencia así como as principais liñas de actuación que levan a cabo.

[ler máis]


· Vigo avanza en prevención de lumes cun servizo propio de drons con IA

· A UDC e a USC clausuran no CITIC a cuarta edición de AddVenture

· Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel oficial da súa 54 edición

· O grupo NEUROcom do CICA inicia un campamento tecnolóxico para menores con parálise cerebral unilateral

· A Comisión Europea prepara unha proposta para limitar o acceso dos menores ás redes sociais

· Máis de 200 profesionais xuntáronse en Santiago no II Foro de Innovación e Emprendemento

· Os responsables das tecnoloxías que fan posible unha web aberta déronse cita na Coruña

· O Campus de Ferrol reúne alumnado de seis universidades europeas no marco dun programa de Industria 4.0

· Mundos Digitales pecha a súa edición de 2026 cunha última xornada dedicada á consolidación da IA, os grandes estudios e a evolución dos efectos visuais

· A Cámara de Santiago mobiliza máis de 4,5 millóns para impulsar a transformación dixital das empresas da demarcación

· Xreal lanza unhas novas lentes con pantalla a un prezo axustado

· Mundos Digitales afonda nos efectos visuais e na incorporación da IA aos fluxos profesionais

· Navantia e atlanTTlic premian a innovación en comunicacións submarinas con The Pulse Hackathon

· Apple demanda a OpenAI por espionaxe industrial

· Galicia aposta polas redes intelixentes, a IA e a ciberseguridade

· A Deputación da Coruña financia un curso sobre os retos e solucións da nanotecnoloxía impartido pola RAGC

· A Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia mobilizará 400 millóns

· As universidades galegas impulsan unha ferramenta para facilitar a análise semántica dos sistemas informáticos

· O 14 de xullo o CiTIUS será un gran escaparate de tecnoloxías punteiras cunha nova xornada de Inside The Lab

· A AESIA recibe á primeira promoción do Grao en Intelixencia Artificial de Galicia

· Bruxelas considera que o deseño adictivo de Facebook e Instagram incumpre a DSA

· Ubisoft celebra o novo Assassin’s Creed con despedimentos

· CTV prepara unha serie que xira ao redor dos contrasinais

· O corvo das Cíes converte a mitoloxía galega nun videoxogo

· Galicia sumou máis de 72.000 internautas de 65 a 74 entre 2021 e 2025

· Francisco Bellas (CITIC) participa nun obradoiro da UNESCO para impulsar a formación do profesorado en IA

· O Parlamento Europeo reabre a porta ao escaneo voluntario de mensaxes sen cifrado

· Mundos Digitales 2026 abre as súas portas

· A Sony RX10 V achega pequenas melloras para manter vivo este concepto de cámara versátil

· OpenAI pisa o acelerador con GPT 5.6 e pon fin ao navegador Atlas